Apartheid

Apartheid é unha palabra da lingua afrikaans que significa vida separada e que foi adoptada legalmente en 1948 en Suráfrica para designar un réxime segundo o cal os brancos tiñan o poder e os pobos restantes eran obrigados a vivir separadamente, de acordo con regras que lles impedían ser verdadeiros cidadáns. A tradución máis común ao galego sería segregación racial, ou aínda política de segregación racial. A ideoloxía do apartheid tamén se aplicou en África do Suroeste, administrada por Suráfrica como mandato da Liga de Nacións (revogado en 1966 pola Resolución das Nacións Unidas 2145), e que estivo en vigor ata que logrou a súa independencia en 1990. Por extensión, o termo tamén se emprega para a segregación sistemática establecida por unha autoridade estatal contra os dereitos sociais e civís dun determinado grupo de cidadáns, debido a prexuízos étnicos. O primeiro rexistro do uso desta palabra atópase nun discurso de Jan Smuts en 1917, político que en 1919 chegou a primeiro ministro de Suráfrica.

Este réxime foi abolido por Frederik de Klerk en 1990 e, finalmente en 1994 celebráronse eleccións libres.

Destinos