Αστυπάλαια

( Astipalea )

Astipalea grego: Αστυπάλαια; italiano: Stampalia; turco: Istanbulya)), é unha illa do mar Exeo, tamén chamada Astropalea e coñecida polo seu nome medieval de Estampalia. Ten uns 1.300 habitantes, 18 km de longo, 13 km de ancho e unha superficie de 95 km². É unha das doce illas principais do grupo do Dodecaneso. A cidade principal é Astipalea na párte oeste da baía do sur. Ten un pequeno aeroporto. A cidade ten moitas igrexas e capelas e consérvanse as ruínas de antigos templos, así como columnas e outros restos.

Astipalea ten conexións por ferri co Pireo e outras illas do Dodecaneso e conexións aéreas con Atenas.

A illa está formada por dúas masas de roca unidas no centro por un istmo. Antigamente foi posesión de Caria e chamábase Pirra, e máis tarde Pilea.

Na mitoloxía grega, Astipalea foi unha muller seducida por Poseidón na forma dun leopardo mariño alado con cola.

Foi unha colonia de Megara e Ovidio menciónaa como u...Ler máis

Foi unha colonia de Megara e Ovidio menciónaa como unha das illas suxeitas a Minos (Creta). No -105 asinou unha alianza coas illas seguramente por mor dos seus bos portos e a súa posición central. Durante o Imperio Romano foi unha cidade libre. Os romanos utilizaron a illa como base estratéxica contra os piratas.

No 1207 foi cedida a Venecia polo emperador latino e dada en feudo á familia Querini. A rama que gobernou a illa foron coñecidos como os Querini-Estampalia. No 1522 os otománs ocuparon Rodas e uns anos despois (1537) foi ocupada a illa de Astipalea. Desde o 1646 ao 1668, durante a guerra de Creta ou Candia, a illa volveu baixo influencia veneciana, pero ao final permaneceu en mans dos otománs. Baixo os turcos gozou de grande autonomía baixo dependencia do Pacha de Rodas, e pagando un pequeno tributo anual de 9.500 piastras.

Desde 1821 a 1828 uniuse aos insurxentes durante a guerra de independencia de Grecia.

En 1912 foi cedida a Italia e formou o territorio do Dodecaneso. En 1947, logo da segunda guerra mundial, foi transferida a Grecia xunto co resto das illas do grupo.

Photographies by:
Nikos Laskaridis - CC BY-SA 4.0
Zones
Statistics: Position
2263
Statistics: Rank
55134

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
637421895Click/tap this sequence: 7513
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Astipalea ?

Booking.com
539.532 visits in total, 9.234 Points of interest, 405 Destinos, 19 visits today.