Atomium

O Atomium é un monumento construído en aceiro inoxidable que se atopa en Bruxelas, Bélxica, construído con motivo da Exposición Universal de 1958 (Expo 58), e que representa a malla convencional do cristal de ferro ampliada 165.000 millóns de veces.

O monumento está situado en Laeken (unha zona do concello de Bruxelas que anos atrás constituía unha municipalidade propia dentro da rexión de Bruxelas), no parque feiral da chaira de Heysel, onde tivo lugar a exposición. Ao seu pé sitúase o parque temático Mini-Europe, con repreducións a escala dos monumentos máis representativos da Unión Europea.

Xunto co Manneken Pis e a Grand Place, constitúen os tres símbolos e referencias turísticas da capital de Bélxica.

Photographies by:
Statistics: Position
5364
Statistics: Rank
17357

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
745329681Click/tap this sequence: 2673
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Atomium ?

Booking.com
539.530 visits in total, 9.234 Points of interest, 405 Destinos, 17 visits today.