Baracoa, chamada tamén a Cidade Primada, é unha cidade situada na provincia de Guantánamo (Cuba).

É o máis antigo asentamento da illa establecido polos colonizadores españois, de aí o seu alcume de Ciudad Primada.

En 1518 recibiu o título de cidade. Foi a primeira capital e o primeiro bispado da Illa.

Historia
 
Diego Velázquez de Cuéllar.
1º Adelantado do Iucatán, conquistador de Cuba e 1º Tenente gobernador da Illa.
 
Casa de Diego Velázquez de Cuéllar en Santiago de Cuba.

A cidade foi fundada o 15 de agosto de 1511 co nome de Nuestra Señora de la Asunción de Baracoa (por ser fundada o día da festa da Asunción) polo conquistador español de Cuba Diego Velázquez de Cuéllar, que ostentaba entón o título de Adelantado do Iucatán.

É o máis antigo asentamento da illa establecido polos colonizadores españois, de aí o seu alcume de Ciudad Primada. En 1518 recibiu o nomeamento de cidade. Foi a primeira capital e o primeiro bispado da Illa.

O dominio español deixou as súas pogadas nas construcións da localidade, entre as que destacan as fortificacións de El Castillo e La Punta, e os torreóns de Joa e do Cemiterio.

Durante os XVI e XVII, ao estar incomunicada co resto da illa por terra, fixo que a súa escasa poboación comerciara de contrabando con franceses e ingleses.

A principios do século XIX instaláronse nela numerosos colonos franceses que fuxiron da revolución independentista de Haití, e que se dedicaron ao cultivo do café e do cacao, de aí a influencia francesa que existe na cidade, como tamén noutras partes da antiga provincia de Oriente.

En 1807 grazas aos avisos de Sebastián de Kindelán y O'Regan, gobernador de Santiago de Cuba, a cidade quedou a salvo de ser saqueada por corsarios ingleses procedentes das Bahamas, logrando rexeitalos.

A partir de mediados do século XIX, en que se intensifican os esforzos dos patriotas cubanos por lograr a independencia de Cuba, as costas foron escenario do desembarco de numerosas expediciones libertadoras.

En outubro de 1854 o xove matanceiro Francisco Estrampes, Juan Enrique Félix e dous estadounidenses desembarcaron duna goleta (coñecida hoxe como a Goleta de Honor) con armas de guerra para iniciar unha revolución. Pero foron sorprendidos por tropas españolas antes de que puideran recibir acuda, caendo prisioneiros e conducidos a La Habana, onde Estrampes foi executado o 31 de marzo de 1855.

Entre os primeiros baracoenses que se vincularon ao esforzo libertador debe mencionarse a Manuel Borges Navarro (1827-1869), que despois de terse dedicado á ensinanza con verdadeira vocación, implicouse na conspiración revolucionaria de López y Agüero e encarcerado por diio motivo. Máis tarde, en 1868 incorporouse ao movemento de Yara e foi apresado e asasinado pola escolta española que o conducía a Santiago de Cuba, en setembro de 1869.

En marzo de 1885 desembarcaron en Caleta (costa sur) o brigadier Limbano Sánchez e un grupo de patriotas; foron perseguidos e Sánchez e Ramón González morreron en combate; os outros foron feitos prisioneiros, salvando a vida soamente dous deles.

Iniciada xa a Guerra da Independencia, o 1 de abril de 1895, desembarcaron na praia de Duaba, moi cerca de onde o fixera a expedición da Goleta de Honor, algúns dos máis prestixiosos xefes cubanos, entre eles o xeneral Antonio Maceo e o seu irmán José Maceo, Flor Crombet, Agustín Cebreco, Silverio Sánchez e Patricio Corona. Poucos días despois, o 11 de abril, desembarcaron en Playitas o xeneral Máximo Gómez, o apóstol José Martí, Ángel Guerra, Paquito Borrero, Marcos del Rosario e César Salas, aos que se unen o día 14 o coronel baracoense Félix Ruenes e as súas tropas. Estas expedicións axudaron moito na loita poa independencia de Cuba, a cal finalmente se logrou, grazas á intervención estadounidense, cando, despois do tratado de París, que deixara a Illa baixo o control dos Estados Unidos, estes concedérona o 20 de maio de 1902.

 
A Cruz de la Parra.

Na cidade de Baracoa consérvase dentro dunha vitrina e cun pedestal de prata, a Cruz de la Parra, símbolo da cristiandade, que levara Cristovo Colón na súa primeira viaxe.

Photographies by:
Paul Postiaux - CC BY-SA 3.0
Zones
Statistics: Position
6433
Statistics: Rank
11231

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
482319657Click/tap this sequence: 7511
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Baracoa ?

Booking.com
539.506 visits in total, 9.234 Points of interest, 405 Destinos, 187 visits today.