Basilique Notre-Dame-de-la-Garde

( Basílica de Notre-Dame de la Garde )

A basílica de Notre-Dame de la Garde (francés: Notre-Dame de la Garde; en provenzal, Nostro-Damo de Gardo), chamada a miúdo a Boa Nai (francés: Bonne Mère; en provenzal, Boueno Maire), é unha basílica menor adicada ao culto católico na cidade de Marsella, entre os distritos de Roucas Blanc e Vauban, na cima dun pico calcario de 149 msnm e elevada outros trece metros máis sobre os cimentos dunha antiga fortaleza que había na cima. Ao sur do Porto Vello, de estilo neobizantino, está coroada por unha efixie dourada da Virxe María.

O outeiro de Notre-Dame de la Garde é un «lugar natural clasificado» desde o 29 de maio e 8 de outubro de 1917 e tamén en posterior clasificación do 15 de xaneiro de 1920.

Foi construída polo arquitecto protestante Henri Espérandieu e é de estilo románico-bizantino; foi consagrada o 5 de xuño de 1864 e substituíu a unha capela do mesmo nome construída en 12...Ler máis

A basílica de Notre-Dame de la Garde (francés: Notre-Dame de la Garde; en provenzal, Nostro-Damo de Gardo), chamada a miúdo a Boa Nai (francés: Bonne Mère; en provenzal, Boueno Maire), é unha basílica menor adicada ao culto católico na cidade de Marsella, entre os distritos de Roucas Blanc e Vauban, na cima dun pico calcario de 149 msnm e elevada outros trece metros máis sobre os cimentos dunha antiga fortaleza que había na cima. Ao sur do Porto Vello, de estilo neobizantino, está coroada por unha efixie dourada da Virxe María.

O outeiro de Notre-Dame de la Garde é un «lugar natural clasificado» desde o 29 de maio e 8 de outubro de 1917 e tamén en posterior clasificación do 15 de xaneiro de 1920.

Foi construída polo arquitecto protestante Henri Espérandieu e é de estilo románico-bizantino; foi consagrada o 5 de xuño de 1864 e substituíu a unha capela do mesmo nome construída en 1214 e reconstruída no século XV. Está edificada sobre os alicerces dunha fortaleza que fixo Francisco I en 1536 para resistir o asedio de Carlos V. A basílica ten dúas partes: unha igrexa inferior ou cripta, escavada na roca e de estilo románico, e unha grande igrexa de estilo románico-bizantino encima, decorada con mosaicos. No cume do campanario, de planta cadrada e de 41 m de alto, rematado por unha torre de 12,5 m que fai de pedestal, atópase unha estatua monumental de 11,5 m de altura da Virxe co Neno feita en chapa de cobre dourado.

A pedra utilizada para a construción, especialmente a verde que proviña dos arredores de Florencia, demostrou ser sensible á corrosión atmosférica, polo que foi necesario emprender, desde 2001 a 2008, unha longa e coidadosa restauración que tamén se ocupou da renovación dos mosaicos danados por impactos de bala durante a Liberación en 1944, e ennegrecidos ao longo dos anos polo fume das candeas e cirios.

Verdadeiro paladín da cidade de Marsella, Notre-Dame de la Garde foi considerada a partir da Idade Media a gardiá da xente do mar e pescadores.

Photographies by:
lienyuan lee - CC BY 3.0
Statistics: Position
3434
Statistics: Rank
33693

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
134296587Click/tap this sequence: 2991
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Basílica de Notre-Dame de la Garde ?

Booking.com
539.807 visits in total, 9.235 Points of interest, 405 Destinos, 222 visits today.