Bukhara

Bukhara, Bucara, Buxara ou Buxoro (en lingua uzbeka Buxoro, en alfabeto cirílico Бухоро) é a quinta cidade máis poboada do Uzbekistán e a capital da provincia de Buhkara (Bukhoro viloyati).

Tiña unha poboación de 237.900 habitantes (censo de 1999), maioritariamente taxicos de lingua persa.

Bukhara e Samarcanda son os dous principais centros da cultura e a historia taxico-persa.

Durante o período soviético, estes dous centros taxicos foron anexionados á República Socialista Soviética de Uzbekistán, en contra da vontade dos taxicos da Asia Central.

En 1993 o seu centro foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco.

Algunhas personalidades relacionadas con Bukhara son:

  • Imán Al-Bukharí, erudito musulmán persa, que recompilou milleiros de Hadices, que naceu nesta cidade en 810 d.C.
  • Avicena, filósofo persa, que naceu nunha pequena vila próxima a Bukhara, e foi nesta cidade na q...Ler máis

Bukhara, Bucara, Buxara ou Buxoro (en lingua uzbeka Buxoro, en alfabeto cirílico Бухоро) é a quinta cidade máis poboada do Uzbekistán e a capital da provincia de Buhkara (Bukhoro viloyati).

Tiña unha poboación de 237.900 habitantes (censo de 1999), maioritariamente taxicos de lingua persa.

Bukhara e Samarcanda son os dous principais centros da cultura e a historia taxico-persa.

Durante o período soviético, estes dous centros taxicos foron anexionados á República Socialista Soviética de Uzbekistán, en contra da vontade dos taxicos da Asia Central.

En 1993 o seu centro foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco.

Algunhas personalidades relacionadas con Bukhara son:

  • Imán Al-Bukharí, erudito musulmán persa, que recompilou milleiros de Hadices, que naceu nesta cidade en 810 d.C.
  • Avicena, filósofo persa, que naceu nunha pequena vila próxima a Bukhara, e foi nesta cidade na que estudou no século X.
  • Zamakhsharí, teólogo persa, que estudou nesta cidade a finais do século XI.
  • Nicolau e Matteo Polo, pai e tio de Marco Polo, que viviron algúns anos nesta cidade contra 1260.
  • Ulugh Beg, rexente timúrida e astrónomo, que colaborou na construción da madraza de Bukhara.
Photographies by:
Statistics: Position
5053
Statistics: Rank
19399

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
342167895Click/tap this sequence: 4729
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Bukhara ?

Booking.com
491.420 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 46 visits today.