Rocca Sforzesca (Soncino)

( Castelo de Soncino )

O Castelo de Soncino, situado en Soncino, na rexión italiana da Lombardía, é un dos castelos típicos da área de Cremona. Erixido a partir do século X, o castelo tivo un papel fundamental na defensa da zona.

Historia
 
Escudo da familia Sforza situado no interior do castelo.
 
Vista desde o noroeste.
Das orixes ata o século XIV

As orixes do castelo remóntanse ao século X cando se fixo o primeiro círculo de paredes arredor dunha primitiva estrutura defensiva para contrarrestar a invasión dos húngaros. No século XIII o castelo foi sitiado en varias ocasións tanto polos milaneses que en 1283 o municipio de Soncino tivo que levantar unha nova fortaleza. En 1259 o líder veneciano Ezzelino III da Romano foi encerrado nos alxubes do castelo, onde morreu. En 1312 o castelo foi ocupado polos cremonteses e en 1391 os milaneses utilizárono na súa guerra contra Venecia.[1]

Construción da fortaleza

Cando a Paz de Lodi en 1454 estableceu finalmente a fronteira entre a República de Venecia e o Ducado de Milán, Soncino e o seu castelo pasaron a estar integrados no territorio milanés. Foi neste momento cando Francisco I Sforza ordenou reforzar os muros arredor do castelo e o conxunto da fortaleza.[1]

Desde 1535, o ducado de Milán pasou a ser propiedade de España e con isto tamén o castelo de Soncino.[1]

O traspaso aos nobres

No 1536 o emperador Carlos I de España e V de Alemaña, elevou Soncino a marquesado e púxoo baixo o control da familia milanesa dos Stampa que o transformaron nos séculos seguintes nunha residencia, deixando así o seu uso como fortaleza.[1]

No 1876 Massimiliano Stampa, último marques de Soncino, cedeu por testamento o castelo á cidade, a cal en 1883 comezou as tarefas de restauración para devolver ao castelo ao seu pasado esplendor.[1]

↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Storia
Photographies by:
Martin Kraft - CC BY-SA 3.0
Carlo grifone - CC BY-SA 4.0
Fabio Poggi - CC BY 3.0
Statistics: Position
6468
Statistics: Rank
11231

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
657432981Click/tap this sequence: 7521
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Castelo de Soncino ?

Booking.com
494.284 visits in total, 9.222 Points of interest, 405 Destinos, 50 visits today.