( Catana )

A catana (en xaponés: ) é un longo sabre xaponés (daitō), aínda que a palabra é usada xenericamente para denominar todos os sabres no Xapón. "Katana" é o kunyomi (Lectura xaponesa) do kanji 刀; o oniomi (Lectura chinesa) é "tō" (pronunciado [to:]). Refírese a un tipo particular, un sabre dun único gume, curvada, tradicionalmente utilizada polos samurai. A vaíña da catana chámase saya, o gardamáns Tsuba.

A catana úsase principalmente para cortar e considérase frecuentemente unha guillotina de man. Desenvaíñase levando o gume cara enriba e pódese brandir cunha ou dúas mans (sendo esta última modalidade a máis común). Aínda que a arte de utilizar a espada segundo o seu propósito orixinal quedou na actualidade case obsoleto, o kenjutsu converteuse en gendai budō - unha arte marcial moderna. A arte de brandir a catana denomínase iaidō, e kendō é a arte de esgrimir unha espada de bambú coñecida como shinai utilizando como protección unha máscara e unha armadura. As vellas escolas de espadas koryū aínda existen: Kashima Shintō Ryū, Kashima Shin Ryū, Katori Shintō Ryū.

Este Tipo de sabre ten folla curva, pois dese xeito maximízase a forza do golpe ao ir montando a cabalo.

Destinos