Dacia

Na xeografía da Antigüidade, especialmente en fontes romanas, Dacia era a rexión habitada polos dacios (ou getas, como eran coñecidos polos antigos gregos), unha rama dos tracios que vivía ao norte dos Balcáns.

A Dacia tiña como fronteiras meridionais o río Danubio (Istros, nas fontes gregas) ou, na súa maior extensión o monte Hemo (en latín, Haemus Mons), actual cordilleira dos Balcáns. Mesia (Dobruja), unha área ao sur do Danubio era o centro da rexión en que os getas vivían e interactuaban cos antigos gregos. Polo leste, tiña como fronteiras naturais o Ponto Euxino (Mar Negro) e o río Danastris (río Dnister), citado nas fontes gregas como Tyras). Non obstante, rexistráronse diversos poboados dacios entre os ríos Dnister e Hypanis (río Bug), e o Tisia (Tisza), polo oeste.

Nalgúns tempos, a Dacia comprendeu áreas entre o Tisza e o Danubio medio. A cadea de montañas dos Cárpatos localizábase no medio da Dacia.

Os dacios eran tripos tracias setentrionais. As tribos dacias tiveron tanto relacións pacíficas como belicosas con outras tribos veciñas, como os celtas, os antigos xermánicos, os sármatas e os citas, mais foron máis influídos polos gregos e os romanos. Estes acabaron por conquistalos, e asimilalos, lingüística e culturalmente.

Existiu un reino dacio de dimensións variadas entre o 168 a.C. ata a conquista romana, en 106. A capital da Dacia, Sarmizegetusa, localizada na actual Romanía, foi destruída polos romanos, mais o seu nome foi unido ao da nova cidade (Ulpia Traiana Sarmizegetusa), construída por eles para servir como capital da provincia romana da Dacia.

Destinos