Deserto de Gobi
O deserto do Gobi é unha vasta rexión desértica comprendida entre o norte da China e o sur da Mongolia. A cunca desértica está delimitada polas montañas Altai, a estepa de Mongolia, a meseta do Tíbet e a chaira do norte da China. O nome Gobi significa "deserto" en mongol.
É o deserto areento máis setentrional de todos, no que viven algúns animais raros tales como o camelo bactriano (de dúas corcovas) e o rarísimo cabalo de Przewalski.
O Gobi esténdese sobre 1.600 km do suroeste ao nordeste e sobre 800 km do norte ao sur. A súa superficie estimase en 1 300 000 km², o que o fai o un dos máis grandes desertos do mundo. Contrariamente ás imaxes frecuentemente asociadas aos desertos, o Gobi non está recuberto de area senón sobre todo de pedras.
O deserto de Gobi é coñecido no mundo da Paleontoloxía pola riqueza e calidade dos seus restos fóseis, entre os que foron descritas pola primeira vez moitas especies de dinosauros.
Engadir un novo comentario