Context of Bolivia

Bolivia (coñecido oficialmente como Estado Plurinacional de Bolivia; en quechua: Puliwya Mamallaqta, aimará: Wuliwya Suyu, en guaraní: Tetã Hetãvoregua Mborivia) é un país do oeste de América do Sur que limita polo norte e leste co Brasil, polo sur con Paraguai e a Arxentina, e polo oeste co Chile e o Perú. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é A Paz. A meirande cidade e principal centro industrial é Santa Cruz de la Sierra, que se atopa en Llanos Orientales (as terras baixas tropicais), unha rexión principalmente chá do leste do país.

O estado soberano de Bolivia é un constitucionalmente un estado unitario dividido en nove departmentos. A súa xeografía varía dende os cumios dos Andes no oeste, ás terras baixas do leste, que se atopan dentro da bacía do río Amaz...Ler máis

Bolivia (coñecido oficialmente como Estado Plurinacional de Bolivia; en quechua: Puliwya Mamallaqta, aimará: Wuliwya Suyu, en guaraní: Tetã Hetãvoregua Mborivia) é un país do oeste de América do Sur que limita polo norte e leste co Brasil, polo sur con Paraguai e a Arxentina, e polo oeste co Chile e o Perú. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é A Paz. A meirande cidade e principal centro industrial é Santa Cruz de la Sierra, que se atopa en Llanos Orientales (as terras baixas tropicais), unha rexión principalmente chá do leste do país.

O estado soberano de Bolivia é un constitucionalmente un estado unitario dividido en nove departmentos. A súa xeografía varía dende os cumios dos Andes no oeste, ás terras baixas do leste, que se atopan dentro da bacía do río Amazonas. Un terzo do país atópase dentro da cadea montañosa dos Andes. Cunha área de 1,098,581 km2, Bolivia é o quinto maior país de América do Sur, despois do Brasil, a Arxentina, o Perú e Colombia (e xunto con Paraguai, é un dos dous únicos países sen costa de América), o 27º meirande do mundo, o meirande estado sen litoral do hemisferio sur e o sétimo maior país sen costa do mundo, despois de Casaquistán, Mongolia, o Chad, Níxer, Malí e Etiopía.

A poboación do país, estimada en 11 millóns de persoas, é multiétnica, incluíndo indíxenas, mestizos, europeos, asiáticos e africanos. A segregación racial e social que comezou na colonización española continuou até a era moderna. O castelán é a lingua oficial e predominante, aínda que outras 36 linguas indíxenas adquiriron status oficial, sendo as máis comúns o guaraní, o aimará e o quechua.

More about Bolivia

Basic information
  • Currency Boliviano (moeda)
  • Native name Bolivia
  • Calling code +591
  • Internet domain .bo
  • Mains voltage 230V/50Hz
  • Democracy index 5.08
Population, Area & Driving side
  • Population 11051600
  • Area 1098581
  • Driving side right

Phrasebook

Mulleres
Mujeres
Con permiso
Perdóneme
Por favor
Por favor
Prohibido
Prohibido
Saír
Salida
Wifi
Wifi
Axuda!
¡Ayuda!
Como te chamas?
¿Cuál es tu nombre?
Onde está o baño?
¿Donde esta el inodoro?

Where can you sleep near Bolivia ?

Booking.com
492.589 visits in total, 9.212 Points of interest, 405 Destinos, 72 visits today.