Context of Istambul

Istanbul ou Istambul, (en turco: İstanbul, [is'tanbul] (AFI)) é a maior cidade de Turquía, e tamén unha das cidades máis grandes de Europa, con 11 008 790 (censo de 2007).

É tamén a capital administrativa da Provincia de Istanbul na chamada Rumelia ou Tracia Oriental. Foi chamada Bizancio (en grego: Βυζάντιον, tr. "Byzantion") ata 330, e Constantinopla ata 1453, nome co que se lle denominou xeralmente en Occidente ata 1930. Durante o período otomán os turcos chamaban á cidade 'İstanbul' alteración da frase en lingua grega: εἰς τὴν πόλιν (á cidade), que no grego bizantino se prunciaba algo así como istimbólin, pero oficialmente empregábase o nome Qustantaniyyeh (قسطنطنيه) ("Cidade de Constantino" en árabe). O nome oficial de İstanbul foi imposto o 28 de marzo de 1930.

Foi sucesivamente a capital do Imperio Romano de Oriente, o Imperio Bizanti...Ler máis

Istanbul ou Istambul, (en turco: İstanbul, [is'tanbul] (AFI)) é a maior cidade de Turquía, e tamén unha das cidades máis grandes de Europa, con 11 008 790 (censo de 2007).

É tamén a capital administrativa da Provincia de Istanbul na chamada Rumelia ou Tracia Oriental. Foi chamada Bizancio (en grego: Βυζάντιον, tr. "Byzantion") ata 330, e Constantinopla ata 1453, nome co que se lle denominou xeralmente en Occidente ata 1930. Durante o período otomán os turcos chamaban á cidade 'İstanbul' alteración da frase en lingua grega: εἰς τὴν πόλιν (á cidade), que no grego bizantino se prunciaba algo así como istimbólin, pero oficialmente empregábase o nome Qustantaniyyeh (قسطنطنيه) ("Cidade de Constantino" en árabe). O nome oficial de İstanbul foi imposto o 28 de marzo de 1930.

Foi sucesivamente a capital do Imperio Romano de Oriente, o Imperio Bizantino, do Imperio Otomán e máis tarde da República de Turquía até 1923.

Aínda que dende 1923 a capital de Turquía é Ancara, Istanbul segue sendo unha cidade que ten un papel fundamental na industria, no comercio e na cultura de Turquía. Alberga máis dunha ducia de universidades. É sé do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla, cabeza da Igrexa Ortodoxa.

Phrasebook

Dous
İki
Tres
Üç
Catro
dört
Cinco
Beş
Seis
Altı
Sete
Yedi
Oito
Sekiz
Nove
Dokuz
Dez
On
Aberto
Açık
Como te chamas?
Adınız ne?
Con permiso
Affedersiniz

Where can you sleep near Istambul ?

Booking.com
492.964 visits in total, 9.215 Points of interest, 405 Destinos, 35 visits today.