Context of Lituania

Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuva, [ˈliɛtʊvaː] (AFI)), oficialmente República de Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuvos Respublika), é un país da Europa do norte localizado na rexión dos chamados países bálticos. Lituania atópase na beira sueste do mar Báltico, comparte fronteira con Letonia (453 km) polo norte, Belarús (502 km) polo sueste, Polonia (91 km), e o enclave ruso de Kaliningrado (227 km) polo suroeste. Lituania é membro da OTAN e da Unión Europea dende o 2004, ten unha poboación aproximada de 3,4 millóns de habitantes, a súa capital e cidade maior é Vilnius.

Durante o século XIII, Gran Ducado de Lituania constituía o maior país do continente europeo, estando formado polas actuais Belarús, Ucraína e partes de Polonia e Rusia. Coa Unión de Lublin de 1569 Polonia e Lituania formaron un novo país, a República das Dúas Nacións. A República existíu d...Ler máis

Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuva, [ˈliɛtʊvaː] (AFI)), oficialmente República de Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuvos Respublika), é un país da Europa do norte localizado na rexión dos chamados países bálticos. Lituania atópase na beira sueste do mar Báltico, comparte fronteira con Letonia (453 km) polo norte, Belarús (502 km) polo sueste, Polonia (91 km), e o enclave ruso de Kaliningrado (227 km) polo suroeste. Lituania é membro da OTAN e da Unión Europea dende o 2004, ten unha poboación aproximada de 3,4 millóns de habitantes, a súa capital e cidade maior é Vilnius.

Durante o século XIII, Gran Ducado de Lituania constituía o maior país do continente europeo, estando formado polas actuais Belarús, Ucraína e partes de Polonia e Rusia. Coa Unión de Lublin de 1569 Polonia e Lituania formaron un novo país, a República das Dúas Nacións. A República existíu durante máis de dous séculos, ata que os seus países veciños se repartisen os seus territorios entre 1772 e 1795, quedando o Imperio Ruso coa maior parte das terras que hoxe forman Lituania. Co estourido da I Guerra Mundial Lituania asinou a súa acta de independencia o 16 de febreiro de 1918 volvendo a ser unha nación independente. A comezos da década de 1940, Lituania foi ocupada primeiro pola Unión Soviética e logo pola Alemaña Nazi. No final da II Guerra Mundial, coa retirada dos alemáns en 1944 os soviéticos volveron ocupar o país. O 11 de marzo de 1990, Lituania converteuse na primeira das repúblicas bálticas en declarar de novo a súa independencia.

Actualmente Lituania presenta un dos maiores crecementos da Unión Europea, sendo alcumada o Tigre báltico, emulando o Tigre céltico irlandés. Lituania converteuse nun membro do acordo Schengen o 21 de decembro de 2007. No ano 2009, Lituania vai celebrar os mil anos da existencia do seu nome.

11 things to do in Lituania

Phrasebook

Axuda!
Pagalba!
Por favor
Prašau
Es Benvido
Prašom
Empurrón
Stumti
Tirar
Traukti
WC
Tualetas
Pechado
Uždaryta
Auga
Vanduo
Homes
Vyrai

Where can you sleep near Lituania ?

Booking.com
493.111 visits in total, 9.215 Points of interest, 405 Destinos, 12 visits today.