Rozdelenie Česko-Slovenska ( Disolución de Checoslovaquia )

A disolución de Checoslovaquia foi o proceso de disolución do estado de Checoslovaquia nas nacións da República Checa e Eslovaquia, que tivo lugar o 1 de xaneiro de 1993.

A miúdo é referido como "o Divorcio de Veludo" en galego e outras linguas, unha referencia á Revolución de Veludo de 1989 que conduciu ao final do goberno do Partido Comunista de Checoslovaquia e á formación dun goberno novo, non comunista.