Homomonument (Amsterdam)

( Homomonument )

O Homomonument é un monumento conmemorativo no centro de Ámsterdam, a capital dos Países Baixos. O monumento lembra a todos os homosexuais, gais e lesbianas, que foron suxeitos a persecucións pola súa orientación sexual. Inaugurado o 5 de setembro de 1987, ten a forma de tres grandes triángulos rosas realizados en granito, colocados no chan formando os vértices dun triángulo maior na beira da canle Keizersgracht, preto da histórica igrexa de Westerkerk.

O Homomonument foi deseñado para «inspirar e apoiar ás lesbianas e os gais na súa loita contra a negación, a opresión e a discriminación.» Foi construído por unha iniciativa de maio de 1979 do movemento LGBT neerlandés, co apoio de grupos doutros países.

Unha versión en miniatura pode ser vista no parque Madurodam da Haia. O modelo a escala foi inaugurado o 24 de outubro de 2006 polo alcalde de Ámsterdam, Job Cohen, e o presidente do COC, Frank van Dalen.

Photographies by:
Statistics: Position
6949
Statistics: Rank
9189

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
387516942Click/tap this sequence: 1651
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Videos

Where can you sleep near Homomonument ?

Booking.com
538.963 visits in total, 9.233 Points of interest, 405 Destinos, 221 visits today.