O Huascarán, con 6 768 metros, é a cima máis alta do Perú e a cuarta maior da América do Sur. Está situada na Cordillera Blanca, nos Andes centrais peruanos, na provincia de Yungay.

É característica a súa dupla cima: a máis elevada, Huascarán Sur (6 768 m) está separada polo colado da Garganta do Huascarán Norte, de 6 655 metros.

A montaña e o territorio circundante están incluídos no Parque Nacional de Huascarán, declarado Patrimonio da Humanidade en 1985.

Historia

A cima norte foi alcanzada en 1908 por unha expedición norteamericana, da que formaba parte Annie Smith Peck.[1]

A primeira ascensión ao Huascarán Sur rexistrada foi realizada o 20 de xullo de 1932, por unha expedición xermano-austríaca, encabezada por H. Bernhard, E. Hein, H. Hoerlin e E. Schneider.[2]

O 10 de xaneiro de 1962 rexistrouse un alude iniciado no pico norte do Huascarán. Desapareceron 4 000 habitantes e varias poboacións foron criticamente danadas: Ranrahirca, Shacsha, Huarascucho, Yanama Chico, Armapampa e Uchucoto.[3]

O 31 de maio de 1970, un gran terremoto provocou o desprendemento dunha enorme cantidade de xeo, neve e rochas desde a cima norte, causando o sepultamento da cidade de Yungay[3], a morte de máis de 20 000 persoas e a desolación de boa parte dos arredores.

Desde xullo ata setembro de 1979, o alpinista e médico Nicolas Jaeger viviu 60 días, só, a 6 700 m de altura, xusto nas proximidades da cima do Huascarán, para estudar os efectos da hipoxia no seu propio organismo.[4] Como resultado da experiencia realizouse a película Operación Supervivencia.

"Annie Smith Peck : American mountain climber". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2018-06-28.  Ricker,, John ((1981 printing)). Yuraq Janka : guide to the Peruvian Andes (en inglés). Banff: Alpine Club of Canada. p. 83. ISBN 093041005X. OCLC 3767297.  ↑ 3,0 3,1 "Aludes en la provincia de Yungay" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28-06-2018. Consultado o 2018-06-28.  "Nicolas Jaeger au pays de l'oxygène rare". Le Monde.fr (en francés). Consultado o 2018-06-28. 
Photographies by:
MrBasically - CC BY-SA 4.0
Statistics: Position
2979
Statistics: Rank
39819

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
726391548Click/tap this sequence: 7756
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Huascarán ?

Booking.com
492.698 visits in total, 9.213 Points of interest, 405 Destinos, 7 visits today.