Iurta

A iurta (en mongol: Гэр; romanización: ger) é unha vivenda utilizada polos nómades nas estepas de Asia Central. Distintos pobos usaron este tipo de vivenda desde a Idade Media. Na Idade Media, a vida nómade dos mongois obrigou a que tivesen unha vivenda para os seus constantes desprazamentos. Esta tenda de campaña estaba protexida por unha grosa cuberta, era fácil de transportar e óptima para soportar os intensos cambios climáticos de Mongolia.

A visita a unha iurta implicaba un rigoroso ritual protocolario. Podíase executar unha persoa polo só feito de entrar na iurta dun mandatario sen anunciar previamente a súa visita.

A súa influencia na cultura de Asia Central vese reflectida nos deseños do escudo de Casaquistán e a bandeira de Kirguizistán, ambos adoptados en 1992.

A artesanía tradicional relativa á iurta mongol foi designada como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola Unesco o 5 de decembro de 2013. Ao ano seguinte, o 26 de novembro de 2014, igualmente foi designada a artesanía da iurta kirguiz e kazaka.

Destinos