( Mochi )

O mochi (en xaponés: 餅; en chinés: 麻糬), é un boliño feito de arroz glutinoso moído en pasta e despois moldado, típico da gastronomía do Xapón. Aínda que se consome durante o ano todo, é tradicional no Shogatsu (Aninovo) e en ocasións especiais como nos nacementos e casamentos En Galicia, e en todo occidente, é común atopalo coma sobremesa doce (daifuku) nos restaurantes xaponeses, recheo de froitas, de diferentes cremas, escumas ou xeados.

Durante as festas de Aninovo, que no Xapón duran varios días, promóvese en todo o país o festival do mochitsuki no que o mochi prepárase e distribúese para todo o público. Algunhas localidades ou entidades axendan o mochitsuki para o terceiro día do novo ano.

Nesta época, moitas empresas fechan as súas portas a partir do día 28 ou 29 de decembro, acompañando o costume xaponés de celebrar o Aninovo en clima de festa polo menos até o terceiro día do novo ano.

Destinos