Paraty

( Parati )

Parati é unha cidade brasileira no litoral suroeste do estado do Río de Xaneiro, xunto á divisa co estado de São Paulo.

Moi antiga para os padróns da América do Sur, a cidade foi poboada entre os anos 1533 e 1560. En 1667 tornouse vila por un decreto do rei de Portugal. Serviu de porto para a exportación do ouro producido en Minas Xerais ata ser substituída nesa función pola cidade do Río de Xaneiro.

As construcións preservadas do período colonial no seu centro histórico, ademais de súas praias e illas, atraen hoxe turistas do Brasil e do exterior, facendo do turismo unha das máis importantes actividades económicas da cidade. Outras actividades económicas son a agricultura (cana de azucre, mandioca e banana) e a produción de augardente de cana.

Grande parte da exuberante vexetación de mata atlántica da cidade está protexida no Parque Nacional da Serra da Bocaina, que se estende ata a cidade de Cunha, no estado de Sao Paulo, a cal se liga por...Ler máis

Parati é unha cidade brasileira no litoral suroeste do estado do Río de Xaneiro, xunto á divisa co estado de São Paulo.

Moi antiga para os padróns da América do Sur, a cidade foi poboada entre os anos 1533 e 1560. En 1667 tornouse vila por un decreto do rei de Portugal. Serviu de porto para a exportación do ouro producido en Minas Xerais ata ser substituída nesa función pola cidade do Río de Xaneiro.

As construcións preservadas do período colonial no seu centro histórico, ademais de súas praias e illas, atraen hoxe turistas do Brasil e do exterior, facendo do turismo unha das máis importantes actividades económicas da cidade. Outras actividades económicas son a agricultura (cana de azucre, mandioca e banana) e a produción de augardente de cana.

Grande parte da exuberante vexetación de mata atlántica da cidade está protexida no Parque Nacional da Serra da Bocaina, que se estende ata a cidade de Cunha, no estado de Sao Paulo, a cal se liga por unha estrada precaria. Parati ligase coas cidades litorais do estado de São Paulo e coas cidades de Angra dos Reis e Río de Xaneiro pola estrada BR-101 (coñecida como Rio-Santos), asfaltada dende 1973.

Photographies by:
Florian Höfer - CC BY-SA 3.0
Zones
Statistics: Position
4736
Statistics: Rank
21441

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
276153984Click/tap this sequence: 2131
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Videos

Where can you sleep near Parati ?

Booking.com
494.341 visits in total, 9.222 Points of interest, 405 Destinos, 108 visits today.