Parc del Laberint d'Horta

( Parque do Laberint d'Horta )

O parque do Laberint d'Horta é un xardín histórico situado no distrito de Horta-Guinardó de Barcelona, o máis antigo que se conserva na cidade. Atópase na antiga propiedade da familia Desvalls, nunha ladeira da serra de Collserola. Iniciado en 1794 e acabado na súa primeira fase en 1808, foi obra do arquitecto italiano Domenico Bagutti. O parque inclúe un xardín neoclásico do século XVIII e un xardín romántico do século XIX.

Historia
 
Plano do labirinto.

As obras iniciáronse en 1794, cando Joan Antoni Desvalls i d'Ardena, sexto marqués de Llupià e marqués consorte de Alfarrás, propietario do terreo, creou o deseño dun xardín neoclásico coa colaboración do arquitecto italiano Domenico Bagutti. A execución das obras correu a cargo de Jaume e Andreu Valls e do xardineiro francés Joseph Delvalet.[1] Naquel entón, Sant Joan d'Horta era un concello independente, que foi anexionado á cidade de Barcelona en 1904.

A mediados do século XIX, os descendentes do marqués ampliaron o parque, baixo a dirección do arquitecto Elies Rogent, polo lado do torrente d'en Pallós, cun xardín romántico con parterres, prazas, grandes árbores e unha fervenza. Ademais, engadiuse ó xardín neoclásico unha canle de auga entre o socalco superior e o intermedio.

Os xardíns foron escenario de recepcións ós reis Carlos IV (1802), Fernando VII (1828) e Afonso XIII (1908).[2]

En 1880, creouse un xardín doméstico á beira do palacio Desvalls. A finais do século XIX, esta propiedade converteuse no escenario de veladas sociais e culturais con representacións de teatro ó aire libre: os fornelos do socalco intermedio foron escollidos por Joan Maragall para realizar representacións de teatro clásico.[2] O 10 de outubro de 1898, estreouse a traxedia Ifigenia en Tauris de Goethe, traducida por Maragall e dirixida por Adrià Gual.

En 1967, a familia Desvalls cedeu o parque ó Concello de Barcelona, que o abriu ó público en 1971, tras unha restauración efectuada por Joaquim Casamor. En 1994, foi sometido a unha nova restauración con fondos da Unión Europea, a cargo de Patrizia Falcone.

No presente, o parque é un xardín-museo cun número de visitantes limitado (máximo 750 persoas ó mesmo tempo), para preservar o ámbito natural e as estruturas da área. O antigo palacio acolle dende 1993 o Centro de Formación do Labirinto, instituto municipal para a formación en xardinaría, así como unha biblioteca especializada igualmente en xardinaxe.

En 2006 rodouse unha escena do filme O perfume do director Tom Tykwer.

Añón Feliú & Luengo 2003, p. 198. ↑ 2,0 2,1 Cirici A. Barcelona pam a pam.
Photographies by:
Mirkaah - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
2532
Statistics: Rank
48457

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
386215794Click/tap this sequence: 2447

Google street view

Where can you sleep near Parque do Laberint d'Horta ?

Booking.com
490.190 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 65 visits today.