Porto

( Porto, Portugal )

O Porto é unha cidade portuguesa, a segunda cidade e o terceiro concello máis poboado do país, capital do Distrito do Porto, situado na Rexión Norte e subrexión do Grande Porto, e tamén á Área Metropolitana do Porto. A cidade é considerada unha cidade global gama. O concello, con 41,42 km² de área, ten unha poboación de 237 591 habitantes (2011) dentro dos seus límites administrativos, sendo subdividido en sete freguesías.

É a cidade que deu o nome a Portugal – dende moi cedo (c. -200), cando se chamaba Portus Cale, chegando a converterse máis tarde na capital do Condado Portucalense, dende onde se formou Portugal. É aínda unha cidade coñecida mundialmente polo seu viño, polas súas pontes e arquitectura contemporánea e antiga, o seu centro histórico, clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, pola calidade dos seus restaurantes e pola súa gastronomía, polo seu principal equipo de fútbol, o Futebol Clube do Porto, pola súa princip...Ler máis

O Porto é unha cidade portuguesa, a segunda cidade e o terceiro concello máis poboado do país, capital do Distrito do Porto, situado na Rexión Norte e subrexión do Grande Porto, e tamén á Área Metropolitana do Porto. A cidade é considerada unha cidade global gama. O concello, con 41,42 km² de área, ten unha poboación de 237 591 habitantes (2011) dentro dos seus límites administrativos, sendo subdividido en sete freguesías.

É a cidade que deu o nome a Portugal – dende moi cedo (c. -200), cando se chamaba Portus Cale, chegando a converterse máis tarde na capital do Condado Portucalense, dende onde se formou Portugal. É aínda unha cidade coñecida mundialmente polo seu viño, polas súas pontes e arquitectura contemporánea e antiga, o seu centro histórico, clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, pola calidade dos seus restaurantes e pola súa gastronomía, polo seu principal equipo de fútbol, o Futebol Clube do Porto, pola súa principal universidade pública: a Universidade do Porto, que se atopa entre as 200 mellores universidades do mundo e entre as 100 mellores universidades de Europa, ben como pola calidade dos seus centros hospitalarios.

É a sede da Área Metropolitana do Porto, que agrupa 17 concellos con 1 757 413 habitantes en 2 089 km² de área, cunha densidade de poboación de 1 098 hab/km², o que sitúa a cidade na 13ª área urbana máis poboada da Unión Europea, sendo, polo tanto, a segunda maior zona urbana portuguesa. O Porto e a Área Metropolitana do Porto constitúen o núcleo estrutural da Rexión Norte, que ten unha área de 21 278 km² (24% do Continente) e unha poboación de 3 689 609 habitantes (censos de 2011). Comprende 8 subrexións ou unidades de nivel III (NUTS III).

O Porto, xunto cos concellos veciños de Vila Nova de Gaia e de Matosinhos, forma a Fronte Atlántica do Porto, que constitúe o núcleo de poboación máis urbanizado da Área Metropolitana, situado no litoral, delimitado, no oeste, polo Océano Atlántico, coa influencia estrutural do estuario do río Douro, que une Gaia con Porto.

O Porto é a cidade máis importante da altamente industrializada zona litoral da Rexión Norte, onde se atopan grande parte dos grupos económicos do país, tales como a Altri, o Grupo Amorim/Corticeira Amorim, o Banco BPI, a BIAL, a EFACEC, a Frulact, a Lactogal, o Millennium BCP, a Porto Editora, a Sonae, a Unicer ou o Grupo RAR. A Associação Empresarial de Portugal ten sede no Porto. A Rexión Norte é a única rexión portuguesa que exporta máis do que importa.

Historia
 
Torre dos Clérigos.

Ten orixe nun poboado celta prerromano. No tempo dos romanos chamábase Cale ou Portus Cale, sendo a orixe do nome de Portugal.

O 27 de abril do ano 711 comezou a invasión musulmá da península ibérica, co desembarque en Xibraltar du exército mouro de 9 000 homes, liderados por Táriq ibn Ziyad.[1][2] No 714, toman Lisboa, e een 715 as forzas islámicas chegan até a rexión norte do que hoxe coñecemos como Portugal, tomando as principais poboacións e cidades, tales como Porto e Braga.[3][4] No 716, practicamente toda a península estaba baixo dominio do Califato Omeia,[5][6][7] agás unha pequena zona montañosa de Asturias, onde se refuxiou a resistencia cristiá.[8]

Pasado un século e medio, no 868, xorden as primeiras tentativas de reconquista definitiva, Vímara Peres, fundador da terra portugalense, tivo unha importante contribución na conquista do territorio, restaurando así a cidade de Portucale.

 
Sé do Porto coa Antiga Casa da Câmara no fondo.

Finalmente, e pasados dous séculos dende o inicio da invasión,[1] en 999 uns nobres e valorosos fidalgos gascóns entre os cales se atopaba Nónego bispo de Vendôme en Francia e máis tarde bispo do Porto entraron cunha grande Armada pola foz do río Douro, para expulsar os mouros. Esta armada,que ficou conhecida como a Armada dos Gascóns asociada a Munio Viegas "arrincou" a cidade do Porto ós mouros para dedicarlla á Virxe Nai de Deus. Despois desta batalla, Munio e os "franceses" trataron de reedificar o Porto. Ergueron as antigas e fortes murallas, e na parte máis elevada da cidade fundaron un alcácer acastelado e ben fortalecido que, despois do conde Henrique, serviu de habitación dos bispos, ós cales foi doado. A torre e a porta principal foron obra de Nónego, que, en memória da patria, a nomeou porta de Vandoma, e que na parte frontal da torre fixo erguer o santuario, onde colocou a imaxe da Nosa Señora do Porto, que xa trouxera consigo de Francia.[9]

No ano 1111, Tareixa, condesa de Portugal, nai do futuro primeiro rei de Portugal, concedeu ó bispo Hugo o couto do Porto. Das armas da cidade forma parte a imaxe da Nosa Señora. De alí provén o feito de que o Porto sexa tamén coñecido como "cidade da Virgem", epíteto a que se debe xuntar cos de "Antiga, Mui Nobre, Sempre Leal e Invicta", que lle foran atribuídos ó longo dos séculos e na secuencia de feitos valorosos dos seus habitantes, e que foron ratificados por decreto de María II de Portugal.

Foi dentro dos seus muros onde se efectuou o casamento do rei Xoán I de Portugal coa princesa inglesa Filipa de Lancaster. A cidade foi berce do Henrique, duque de Viseu, coñecido como o Infante de Sagres ou O Navegador.

Por mor dos sacrificios que a cidade fixo para apoiar a preparación da armada que partiu, en 1415, para a conquista de Ceuta, a poboación do Porto ofreceu ós expedicionarios toda a carne dispoñible, quedando só coas "tripas" para a alimentación dos naturais do Porto. Deste xeito gañaron o alcume de "tripeiros", unha expresión máis agarimosa que pexorativa. É tamén esta a razón pola que o prato tradicional da cidade aínda é, hoxe en día, as "Tripas à moda do Porto". Existe unha confraría especialmente dedicada a este prato típico.

Séculos XVIII e XIX
 
Avenida dos Aliados.

A cidade desempeñou un papel fundamental na defensa dos ideais do liberalismo máis concretamente nas batallas do século XIX. Ademais, a coraxe coa que soportou o cerco das tropas miguelistas durante a guerra civil de 1832-34 e os feitos valorosos cometidos polos seus habitantes no Cerco do Porto, valéronlle mesmo a atribución, pola raíña María II, do título – único entre as demais cidades de Portugal – de Invicta Cidade do Porto (aínda hoxe presente no listel das súas armas), de onde o epíteto con que é frecuentemente mencionada por antonomasia - a «Invicta»). Alberga nunha das súas moitas igrexas - a da Lapa - o corazón de Pedro IV de Portugal, que o ofreceu á poboación da cidade en homenaxe á contribución dos seus habitantes á causa liberal.

Cidade agraciada coa Orde Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito o 26 de abril de 1919.[10]

↑ 1,0 1,1 "April 29 711 AD - Moorish General Tariq ibn-Ziyad Lands at Gibraltar". Consultado o 19 de maio de 2015.  "Medieval Sourcebook: Ibn Abd-el-Hakem: The Islamic Conquest of Spain". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 19 de maio de 2015.  Collins, Roger (1989). The Arab Conquest of Spain 710-797. ISBN 0-631-19405-3.  "História e Geografia de Braga". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2015. Consultado o 19 de abril de 2015.  "Omíadas". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 19 de abril de 2015.  "Os Omíadas". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 19 de abril de 2015.  "A Expansão Árabe". Consultado o 19 de abril de 2015.  "Invasão Muçulmana da Península Ibérica". 19 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2016.  COELHO, José Júlio Gonçalves. Notre-Dame de Vendôme et les Armoiries de la Ville de Porto, Mémoire Historique et Archéologique. Vendôme 1907 "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Presidência da República Portuguesa. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
Photographies by:
Statistics: Position
4958
Statistics: Rank
20210

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
962871354Click/tap this sequence: 9413
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Porto, Portugal ?

Booking.com
505.164 visits in total, 9.227 Points of interest, 405 Destinos, 77 visits today.