Queixome ou Qeshm (persa: قشم, Modelo:IPA-fa), oficialmente tamén coñecida domo Kishm, é unha illa situada no Estreito de Ormuz ó sur da costa de Irán, ó leste do Golfo Pérsico. O Estrito de Khouran separa o continente asiático da illa de Qeshm. É a maior illa de Irán e do Golfo Pérsico. Ten unha superficie duns 1200 km² e case 136 km de lonxitude e 40 de largo.

Historia
 
Lápida de pedra dunha tumba no castelo portugués, Qeshm

Os rexistros históricos referentes á illa de Qeshm remóntanse á era preislámica. Nomes como Qeshm, Keshm, Kish e Tunb marcan a longa estancia de elamita na zona, varios séculos antes de Cristo. É, ao parecer, a illa chamada Alexandría ou Aracia por Ptolomeo (Libro 6, Cap. IV), no século II CE e como Alexandría por Ammianus Marcellinus (xxiii.6.42) no século IV. Debido á súa situación xeopolítica estratéxica, preto da desembocadura do Golfo Pérsico, foi frecuentemente atacada por invasores incluíndo Elamitas, Umayyades, Abbasíes, así como portugueses e ingleses. Durante a administración do Imperio Sasánida a illa chamouse Abarkawan.[1] Segundo os rexistros históricos, a illa de Qeshm foi famosa como un centro de comercio e navegación. A súa economía floreceu durante as eras dos Dailamitas e Buídas, cando os barcos dos comerciantes partían entre a illa de Qeshm a China, a India e África.

O explorador William Baffin resultou mortalmente ferido en Qeshm en 1622 durante unha batalla contra as forzas Portuguesas que ocuparon o forte, coñecido polos ingleses como "Forte de Queixome".

Qeshm é tamén é a suposta sede do Xardín do Edén segundo a Biblia de Cassells.[2]

Hinds, Martin (1984). "The First Arab Conquests in Fārs". Iran 22: 39–53. JSTOR 4299735.  LTD, Kaspid. "Qeshm Island". www.arian-tour.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2017. Consultado o 2016-08-26. 
Photographies by:
Fariborz at English Wikipedia - Public domain
Fariborz at English Wikipedia - Public domain
Zones
Statistics: Position
1679
Statistics: Rank
73512

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
326815947Click/tap this sequence: 7513
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Qeshm ?

Booking.com
492.870 visits in total, 9.215 Points of interest, 405 Destinos, 10 visits today.