San Marino

San Marino, oficialmente Serenísima República de San Marino, (en italiano: Serenissima Repubblica di San Marino) é unha república situada nos Apeninos, enclavada no interior de Italia, e sen saída ao mar. Cun tamaño de tan só 61,4 km² é un dos países máis pequenos do mundo, só superando en Europa a Cidade do Vaticano e Mónaco. Ademais con preto de 30.000 habitantes é o estado menos poboado dos membros de Consello de Europa. Con todo, non pertence á Unión Europea.

A República de San Marino é a república soberana constitucional máis antiga do mundo aínda existente, sendo fundada, segundo a tradición, o 3 de setembro de 301 por un canteiro chamado Mariño, o cal deu nome ao país. A lenda di que Mariño fuxiu dende a costa dálmata, daquela colonia romana, no ano 257 cando o futuro emperador Diocleciano emitiu un decreto chamando á reconstrución das murallas de Rimini destruídas por piratas libúrnios, refuxiándose no Monte Titano. A súa cap...Ler máis

San Marino, oficialmente Serenísima República de San Marino, (en italiano: Serenissima Repubblica di San Marino) é unha república situada nos Apeninos, enclavada no interior de Italia, e sen saída ao mar. Cun tamaño de tan só 61,4 km² é un dos países máis pequenos do mundo, só superando en Europa a Cidade do Vaticano e Mónaco. Ademais con preto de 30.000 habitantes é o estado menos poboado dos membros de Consello de Europa. Con todo, non pertence á Unión Europea.

A República de San Marino é a república soberana constitucional máis antiga do mundo aínda existente, sendo fundada, segundo a tradición, o 3 de setembro de 301 por un canteiro chamado Mariño, o cal deu nome ao país. A lenda di que Mariño fuxiu dende a costa dálmata, daquela colonia romana, no ano 257 cando o futuro emperador Diocleciano emitiu un decreto chamando á reconstrución das murallas de Rimini destruídas por piratas libúrnios, refuxiándose no Monte Titano. A súa capital é a cidade de San Marino.

A Constitución de San Marino, promulgada no ano 1600, é a máis vella do mundo aínda en exercicio. Estabelece unha forma parlamentar de goberno, o cal está composto polo parlamento, chamado Consello Grande e Xeral, presidido por dous Capitáns Rexentes, que son Xefes de Estado por un prazo de seis meses e polo Congreso de Estado, formado de dez conselleiros escollidos entre os membros do Consello Grande e Xeral.

Historia
 
Castelo da Cesta, unha das "Tres Torres" de San Marino.

San Marino considerase a república máis antiga que aínda sobrevive ao fundarse, segundo a tradición, o 3 de setembro do ano 301 polo construtor Mariño o Dálmata, un canteiro cristián que fuxiu das costas croatas debido á persecución dos cristiáns levada a cabo polo emperador romano Diocleciano, agochándose finalmente no cumio do Monte Titano, o máis alto do sete que posúe San Marino, e fundando unha pequena comunidade cristiá. A propietaria do terreo era dunha muller de Rimini, que ao final lles deixou en herdanza o territorio, logrando manter a súa independencia ao longo dos anos, pese as disputas polas familias dos Rimini e Montefeltro.

Aínda que está demostrado que o lugar estivo habitado dende tempos prehistóricos, non foi até finais do século IX cando aparece a primeira constancia da existencia dun estado soberana na zona que, en memoria do canteiro, foi chamada "Terra de San Marino", non sendo até tempo despois que se lle deu o nome de "república". O Goberno estaba composto por unha asemblea chamada Arengo, composta por todos os cabezas de familia, estabelecéndose finalmente en 1243 a figura dos Capitáns Rexentes (Capitani Reggenti) para actuar como xefes de estado. As primeiras leis datan de 1263, e o Vaticano, nese tempo ao mando do papa Nicolao IV, recoñeceu a súa independencia no ano 1291.

O territorio da república consistía unicamente no Monte Titano até 1463, cando entrou na alianza contra Sexismundo Pandolfo Malatesta, Señor de Rimini, que sería derrotado. Debido a iso o Papa Pío II cedeu a San Marino as cidades de Fiorentino, Montegiardino, e Serravalle, e ese mesmo ano a cidade de Faetano uniuse á república pola súa propia vontade. Desde entón, a superficie da república permaneceu invariable.

No 1503 producise a primeira das tres ocupacións militares do territorio sanmarinés, neste caso levada a cabo por César Borgia, que invadiu a república até pouco antes da súa morte uns meses despois. Case un século despois foi redactada unha Constitución, concretamente o 8 de outubro de 1600, documento que aínda segue vixente, sendo o máis antigo do mundo en facelo actualmente. En 1739, o Cardeal Alberoni volveu invadir o pequeno Estado pero a desobediencia civil e as protestas ante o Papa Clemente XII para obter xustiza deron resultado. O estado foi recoñecido por Napoleón en 1797 e no Congreso de Viena en 1815. Debido á unificación da Península Itálica, a independencia de San Marino tivo que selarse cun tratado en 1862 co emerxente Reino de Italia, que foi revisado e corroborado en 1939 e 1971.

Xa no século XX, unha revolución pacífica restaurou en 1906 o sistema electivo do Consello Grande e Xeral (órgano supremo do Estado), que se convertera durante os século nun clan pechado. Durante a Primeira e Segunda Guerras Mundiais seguiu os destinos do seu veciño transalpino, sendo ocupada (por terceira e última vez) en 1943 por orde de Hitler, recuperada logo polos aliados volveu ser tomada de novo polos alemáns, sendo finalmente liberada en 1945. Restaurada a democracia, unha coalición de socialistas e comunistas gobernou até 1957, en que foron desprazados polos democristiáns, quen desde 1973 constituíron cos socialistas un goberno de coalición. De aí viría un tempo de gobernos de curta duración até 1978, cando os comunistas recuperaron o poder, aínda que debido a un escándalo financeiro perderon o poder, acadándoo de novo, cunha alianza cos democristiáns, en 1993 e 1998.

San Marino ingresou no Consello de Europa como membro de pleno dereito en 1988, presidindo a organización na primeira metade do ano 1990. Ademais converteuse en membro de Nacións Unidas en 1992, e adoptou o euro en 2002 como moeda nacional, a pesar de non pertencer á Unión Europea. É así a única cidade-estado itálica que aínda sobrevive, sendo xunto co Vaticano o único país europeo completamente rodeado por outro. A pesar de ser un país soberano, depende en gran medida de Italia, pola que está completamente rodeada dende a unificación do país no século XIX. Con todo, co fin de diminuír a súa dependencia da República Italiana, veu conformando unha serie de acordos con Suíza nos campos político, económico e social. Esta alianza abriu o camiño a un novo tipo de relacións diplomáticas, pioneiras no século XXI, pero que lembran, vagamente, as relacións internacionais de época medieval.

Photographies by:
Zones
Statistics: Position
2772
Statistics: Rank
42882

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
849526173Click/tap this sequence: 2347
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near San Marino ?

Booking.com
491.193 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 37 visits today.