Axum ou Aksum é unha cidade da rexión de Tigray, no norte de Etiopía, localízase na base dos montes Adoua. Foi o centro do reino axumita, que apareceu na época de Xesús e declinou no século XII, as ruínas da antiga capital inclúen obeliscos monolíticos, estelas xigantescas, túmulos reais e antigos castelos. A Igrexa Etíope Tewahedo afirma que no templo da nosa señora María de Zión está a Arca da Alianza, considerada polos coptos a cidade máis sagrada de Etiopía e é un importante centro de peregrinacións. O 88% da poboación é copta, o resto son fundamentalmente musulmáns.
Engadir un novo comentario