Gondar ou Gonder (en amhárico: ጎንደር Gōnder, antigamente ጐንደር Gʷandar, pronunciación moderna Gondar) é unha cidade de Etiopía.

Foi unha antiga capital imperial de Etiopía e da provincia histórica de Begemder. Por esta razón a antiga provincia de Begemder é chamada frecuentemente Gondar.

Historia
 
Interior da Igrexa Debre Berhan Selassie, en Gondar.
 
Vista da cidade desde o "hotel Goha".
 
Castelo de Fasilides.

Até o século XVI, os emperadores de Etiopía non vivían nunha cidade ou capital administrativa. O emperador e a súa corte vivían en tendas en campamentos reais temporais, e movíanse por todo o reino coa familia real, a garda real, os cortesáns e os servizo, dependendo para o seu abastecemento do gran das poboacións veciñas e da leña dos bosques. A única excepción foi o reinado do emperador Zara Yaqob, que fundou a cidad de Debre Berhan no ano 1456, a ver unha luz misteriosa no ceo.

O emperador Minas, no ano 1559, foi o primeiro dos reis de Etiopía que empezou a pasar a estación das chuvias cerca do lago Tana, volvendo unha e outra vez cada temporada ao mesmo lugar, que acabou transformándose nunha cidade florecente. Os campamentos temporais tamén se desenvolvían, converténdose en pouco tempo en cidades, como Emfraz, Ayba, Gorgora e Dankaz.

Gondar foi fundada polo emperador Alam Sagad ou Fasilidas no ano 1635 (aínda que algúns autores atribúen a súa fundación ao emperador Sertse Dingil, en 1580).

Gondar desenvoilveuse como unha cidade mercado e agrícola. Había unha superstición que afirmaba naquela época que o nome da capital tiña que empezar coa sílaba 'Gʷa' (que en pronunciación moderna é 'Gʷe'; Gonder orixinalmente chamábase Gʷandar), isto tamén contribuíu ao desenvolvemento de Gorgora (fundada como Gʷargʷara), nos séculos posteriores ao XVII. A tradición tamén afirmaba que un búfalo levara ao emperador Fasilidas até un estanque cerca do que vivía un "ancián e veneráble ermitán" quen lle dixo ao emperador que debía construír a súa capital nese lugar. Fasilidas fiso que se secara o estanque e sobre el construíu o seu castelo.[1]

O emperador tamén madu construír un total de sete igrexas; as dúas primeiras, Fit Mikael e Fit Abbo, foron construídas para agradecer o final de epidemias locais. Os seguientes cinco emperadores tamén construíron os seus palacios na cidade.

No ano 1668, como resultado dun consello eclesiástico, o emperador Yohannes I ordenou que os habitantes de Gondar foran separados en dous barrios segundo a súa relixión. Isto provocou que os musulmáns se estableceran no seu propio barrio, Islamge (Ge'ez: እስላምጌ "Sitio do Islam," ou "País do Islam ") ou Islam Bet (እስላም ቤት "Casa do Islam"), nos dous anos seguintes.

Durante o século XVII, a poboación da cidade estimábase en máis de 60 000 habitantes, e era a segunda cidade máis grande do mundo por poboación.[1] No ano 1678, o bispo Hovannes de Armenia, que visitaba a cidade, dixo dela que "era dúas veces máis grande que Istambul ".[2]

Moitos dos edificios deste período aínda existen, pese a que o século XVIII foi unha época de loitas e desordes civís, e a cidade iniciou a súa decadencia.

Gondar foi a capital de Etiopía até que o emperador Teodoro II trasladou a capital imperial a Magadala (despois de despoboar a cidade pola forza, e de destruír unha gran parte das súas infraestruturas), tras ser coroado emperador en 1855. Abdallahi ibn Muhammad saqueou Gondar cando invadiu Etiopía en 1887.

A cidade desenvolveuse baixo a ocupación italiana. Durante a Segunda Guerra Mundial as forzas Italianas repregáronse e defenderon Gondar en noveembro de 1941 despois da caída de Adís Abeba en poder do exército británico.

Gondar foi capturada en marzo de 1991 polas forzas do Frente Democrático Revolucionario do Pobo Etíope, na Operación Tewodros, ao final da Guerra Civil de Etiopía.

↑ 1,0 1,1 Richard R. K. Pankhurst (1982): History of Ethiopian Towns: From the Middle Ages to the Early Nineteenth Century. Wiesbaden: Franz Steiner Verlag, p. 117. Richard R. K. Pankhurst (1982), p. 128.
Photographies by:
ctsnow - CC BY 2.0
Bernard Gagnon - CC BY-SA 3.0
A.Savin - FAL
Bernard Gagnon - CC BY-SA 3.0
Bernard Gagnon - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
4133
Statistics: Rank
26546

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
374859126Click/tap this sequence: 5611
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Videos

Where can you sleep near Gondar, Etiopía ?

Booking.com
492.576 visits in total, 9.212 Points of interest, 405 Destinos, 59 visits today.