Castel Sant'Angelo

( Castelo de Sant'Angelo )

O Mausoleo de Hadriano, máis coñecido como Castelo de Sant'Angelo (en italiano: Castel Sant'Angelo) é un edificio en forma de torre cilíndrica que se ergue no Parco Adriano, na cidade de Roma, a pouca distancia da Cidade do Vaticano. Nun principio foi encargado polo emperador romano Hadriano como un mausoleo para el e a súa familia. O edificio foi posteriormente empregado polos papas como fortaleza e castelo, e no presente é un museo. O castelo foi outrora o máis alto edificio de Roma.

Comezado polo emperador Hadriano no ano 135 para ser o seu mausoleo persoal e familiar, foi rematado por Antonino Pío en 139. O monumento, erguido con pedra de travertino, estaba engalanado no seu punto máis alto por unha cuadriga en bronce guiada polo emperador Hadriano. O edificio cambiou de uso moi axiña e converteuse nun edificio militar. Integrouse á Muralla Aureliana en 403.

O actual nome do castelo data do ano 59...Ler máis

O actual nome do castelo data do ano 590, durante unha gran epidemia de peste que golpeou a cidade de Roma. O papa da época, Gregorio I, viu ó Arcanxo Miguel sobre o cumio do castelo que envainaba a súa espada significando a fin da epidemia. Para conmemorar a aparición, a estatua dun anxo coroa o edificio (primeiro unha estatua en mármore de Raffaello da Montelupo, e dende 1753 unha de bronce de Pierre van Verschaffelt sobre un debuxo de Bernini).

Dende 1277, o castelo está conectado coa Cidade do Vaticano por un corredor fortificado, chamado Passetto, duns 800 metros de lonxitude. A fortaleza foi o refuxio do Papa Clemente VII durante o asedio e saqueo de Roma no ano 1527, que levaron a cabo as tropas do rei Carlos I de España, emperador Sacro Imperio Romano Xermánico.

Photographies by:
Mairie de bor et bar - CC BY-SA 4.0
Statistics: Position
1232
Statistics: Rank
95883

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
376598214Click/tap this sequence: 8117
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Castelo de Sant'Angelo ?

Booking.com
492.681 visits in total, 9.213 Points of interest, 405 Destinos, 164 visits today.