Roma

Didier Descouens - CC BY-SA 4.0 User GerardM on nl.wikipedia - CC BY-SA 3.0 Blackcat - CC BY-SA 3.0 it Didier Descouens - CC BY-SA 4.0 Livioandronico2013 - CC BY-SA 4.0 User GerardM on nl.wikipedia - CC BY-SA 3.0 Didier Descouens - CC BY-SA 4.0 Wknight94 - CC BY-SA 3.0 Didier Descouens - CC BY-SA 4.0 Anthony M. from Rome, Italy - CC BY 2.0 WolfgangM - CC BY 2.0 User GerardM on nl.wikipedia - CC BY-SA 3.0 MW - CC0 Livioandronico2013 - CC BY-SA 4.0 Livioandronico2013 - CC BY-SA 4.0 Rabax63 - CC BY-SA 4.0 Wknight94 - CC BY-SA 3.0 Livioandronico2013 - CC BY-SA 4.0 Livioandronico2013 - CC BY-SA 4.0 Andrés Nieto Porras from Palma de Mallorca, España - CC BY-SA 2.0 Didier Descouens - CC BY-SA 4.0 Michelangelo - Public domain NikonZ7II - CC BY-SA 4.0 Rabax63 - CC BY-SA 4.0 dalbera from Paris, France - CC BY 2.0 Didier Descouens - CC BY-SA 4.0 Didier Descouens - CC BY-SA 4.0 Fallaner - CC BY-SA 4.0 PsyCat - CC BY-SA 3.0 User GerardM on nl.wikipedia - CC BY-SA 3.0 Wknight94 - CC BY-SA 3.0 User GerardM on nl.wikipedia - CC BY-SA 3.0 Rabax63 - CC BY-SA 4.0 PsyCat - CC BY-SA 3.0 Tyler Bell - CC BY 2.0 Didier Descouens - CC BY-SA 4.0 Didier Descouens - CC BY-SA 4.0 Gabriele anesin - CC BY-SA 3.0 Mairie de bor et bar - CC BY-SA 4.0 Tyler Bell - CC BY 2.0 Burkhard Mücke - CC BY-SA 4.0 Rabax63 - CC BY-SA 4.0 No machine-readable author provided. Tessier~commonswiki assumed (based on copyright claims). - CC BY 2.5 Blackcat - CC BY-SA 4.0 Didier Descouens - CC BY-SA 4.0 Bgabel - CC BY-SA 3.0 MumblerJamie - CC BY-SA 2.0 Livioandronico2013 - CC BY-SA 4.0 Peter1936F - CC BY-SA 4.0 Andrés Nieto Porras from Palma de Mallorca, España - CC BY-SA 2.0 Jensens - Public domain No images

Context of Roma

Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid. Tamén é o municipio europeo coa maior área de zonas verdes. A cidade ten un sistema administrativo especial, chamado Roma Capitale, rexido por unha lei estatal.

Fundada segundo a tradición o 21 de abril de 753 a. C. (aínda que escavacións recentes no sitio arqueolóxico de Lapis Níger datan a súa fundación dous séculos antes) durante os seus tres milenios de historia foi a primeira metrópole da humanidade, sendo o corazón du...Ler máis

Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid. Tamén é o municipio europeo coa maior área de zonas verdes. A cidade ten un sistema administrativo especial, chamado Roma Capitale, rexido por unha lei estatal.

Fundada segundo a tradición o 21 de abril de 753 a. C. (aínda que escavacións recentes no sitio arqueolóxico de Lapis Níger datan a súa fundación dous séculos antes) durante os seus tres milenios de historia foi a primeira metrópole da humanidade, sendo o corazón dunha das civilizacións antigas máis importantes, que influíron na sociedade, cultura, lingua, literatura, arte, arquitectura, filosofía, relixión, dereito e costumes dos séculos seguintes.

É a cidade coa máis alta concentración de bens históricos e arquitectónicos do mundo; o seu centro histórico delimitado polo perímetro que marcan as murallas aurelianas, superposición de pegadas de tres milenios, é a máxima expresión do patrimonio histórico, artístico e cultural do mundo occidental. En 1980, xunto ás propiedades extraterritoriais da Santa Sé que se atopan na cidade e a basílica de San Paulo Extramuros, foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco.

Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea e centro espiritual do catolicismo, cidade santa do catolicismo e destino de peregrinación (vías romeas) e tamén a única cidade do mundo que ten no seu interior unha entidade estatal autónoma: o enclave da Cidade do Vaticano, que se atopa baixo o poder temporal do papa. Por tal motivo coñecéuselle tamén como a capital de dous Estados.

Por antonomasia, coñécese desde a antigüidade como a Urbs, Caput mundi (en galego, "cidade, cabeza do mundo") e tamén é chamada "A Cidade Eterna" (en italiano: Città Eterna).

Where can you sleep near Roma ?

Booking.com
491.332 visits in total, 9.210 Points of interest, 405 Destinos, 2 visits today.