O Centro Acuático Nacional é un pavillón deportivo en Pequín (China) onde se celebraron as competicións de natación, natación sincronizada e saltos dos Xogos Olímpicos de 2008.
Consta de dúas piscinas, unha para as probas de natación e outra para as de saltos. Ten unha capacidade de 6.000 asentos permanentes, que se poden ampliar ata 11.000 en grandes acontecementos deportivos.
Polo seu deseño aseméllase a un enorme cubo de xeo, polo que é coñecido como Cubo de auga, ou abreviadamente [H2O]3.
Atópase no Parque Olímpico, distrito de Chaoyang, ao norte da capital chinesa, a poucos metros do Estadio Nacional.
Photographies by:
Statistics: Position
524
Statistics: Rank
174591
Engadir un novo comentario