天坛
( Templo do Ceo )O Templo do Ceo (en chinés tradicional 天壇, en chinés simplificado 天坛, en pinyin "Tiāntán") é un complexo de templos taoístas en Pequín, o maior do seu xénero en toda a República Popular da China. Foi construído no ano 1420 e foi utilizado tanto pola Dinastía Ming como pola Dinastía Qing para pedir a intercesión celestial para as colleitas (na primavera) e dar grazas ao Ceo polos froitos obtidos (no outono). En 1998 foi catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Está situado no parque Tiantan Gongyuan, ao sur de Pequín. O Templo do Ceo inclúe ao norte a Sala de oración polas Boas Colleitas; ao sur, o Altar Circular e a Bóveda Imperial Celestial.
O conxunto está rodeado dunha muralla interior e outra exterior formadas por unha base rectangular que simboliza a Terra, rematadas con formas arredondadas para simbolizar o Ceo. As murallas dividen o recinto en dúas zonas: a interior e a exterior.
Engadir un novo comentario