Països Catalans

Países Cataláns

Context of Países Cataláns

Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que a lingua autóctona é o catalán, ou ben os territorios que forman parte dunha unidade xeohistórica, cultural e lingüística de predominio catalán. Son tamén os territorios onde viviron ou viven os falantes de catalán.

En termos xerais, os Países Cataláns abranguen a zona oriental da península Ibérica, entre os Pireneos, até a Lagoa de Leucate e a serra das Corbières, polo norte, e o río Segura polo sur, o arquipélago das Baleares (que inclúe o das Pitiusas) e illas adxacentes (como as Columbretes e a illa de Tabarca), a Franxa Oriental (no leste de Aragón), a comarca do Carxe (na Rexión de Murcia) e a cidade de L'Alguer (na illa de Sardeña), onde un 30% da poboación fala catalán.

Os Países Cataláns teñen unha superficie conxunta de 70 520 quilómetros cadrados e unha poboación de 14,4 millóns de habitantes.

Phrasebook

WC
Lavabo
Comida
Menjar
Aberto
Obert
Onde está o baño?
On és el lavabo?
Prohibido
Prohibit
Por favor
Si us plau
Saír
Sortida
Pechado
Tancat
Wifi
Wifi

Where can you sleep near Países Cataláns ?

Booking.com
491.519 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 41 visits today.