Context of Serra Leoa

Serra Leoa (en inglés: Sierra Leone /siˌɛrə liˈn(i)/), oficialmente República de Serra Leoa (en inglés: Republic of Sierra Leone), é un país situado na costa suroeste da África Occidental. Comparte fronteira con Liberia ao sueste e Guinea ao nordés. Serra Leoa posúe un clima tropical cunha contorna diversa que abrangue desde a sabana até a selva, unha área t...Ler máis

Serra Leoa (en inglés: Sierra Leone /siˌɛrə liˈn(i)/), oficialmente República de Serra Leoa (en inglés: Republic of Sierra Leone), é un país situado na costa suroeste da África Occidental. Comparte fronteira con Liberia ao sueste e Guinea ao nordés. Serra Leoa posúe un clima tropical cunha contorna diversa que abrangue desde a sabana até a selva, unha área total de 71 740 km2 (27 699 sq mi) e unha poboación de 7 092 113 segundo o censo de 2015. A capital, así como a súa cidade máis grande, é Freetown. O país está divido en cinco rexións administrativas subdividas en dezaseis distritos.

Serra Leoa conseguiu a súa independencia do Reino Unido o 27 de abril de 1961, converténdose Milton Margai no primeiro dirixente do país. O partido político de Margai era o Partido Popular de Serra Leoa (SLPP), o cal, baixo o liderado de Albert Margai, perdeu as seguintes eleccións en 1967 por unha curta marxe. O novo Primeiro Ministro foi Siaka Stevens do partido do Congreso de Todo o Pobo (APC). Stevens dirixiu o país entre 1967 e 1985, ano no que se retirou da política por motivos de saúde. O 19 de abril de 1971, durante o seu mandato, aboliu o sistema parlamentario do país e declarouno república presidencialista. Entre 1978 e 1885, o partido de Stevens foi o único partido legal de Serra Leoa. Non sería até 1991 cando o presidente Joseph Saidu Momoh, sucesor de Stevens escollido por el mesmo, aprobaría unha nova constitución multipartidista. Xusto nese momento o grupo rebelde Revolutionary United Front de Foday Sankoh iniciou unha brutal guerra civil no país.

O 29 de abril de 1992, un grupo de soldados novos do exercito de Serra Leona, liderados polo capitán Valentine Strasser, derrocou ao presidente Momoh, ficando o país baixo mando militar entre 1992 e 1996. O país volveu ter un goberno elixido democraticamente cando a Xunta militar entregou a presidencia a Ahmad Tezan Kabbah do SLPP despois da súa vitoria nas eleccións de 1996. Con todo, o exército derrocou ao novo presidente nun golpe de estado o 25 de maio de 1997, converténdose o militar Johnny Paul Koroma no xefe de estado. En febreiro de 1998, unha coalición das forzas armadas da Comunidade Económica dos Estados da África Occidental, lideradas por Nixeria, reinstalou ao presidente Kabbah, sendo os líderes do golpe executados despois de que un tribunal militar de Serra Leona os sentenciase á morte. En xaneiro de 2002, o presidente Kabbah anunciou a fin da guerra civil. Así, Serra Leoa ten un goberno democrático ininterrompido desde 1998 até o presente.

Dezaseis grupos étnicos conviven en Serra Leona, cada un co seu propio idioma e costumes. Os dous máis grandes e influentes son os pobos Temne e Mende. Os Temne situánse predominantemente no noroeste e os Mende no sueste. Ao redor do dous por cento da poboación do país son os Krio, descendentes de afroamericanos liberados e escravos das Indias Occidentales. O inglés é o idioma oficial utilizado nas escolas e a administración gobernamental, con todo, o Krio é o idioma máis falado en Serra Leona, xa que o fala o 98% da poboación do país. O idioma Krio une a todos os grupos étnicos do país, especialmente na súa interacción comercial e social. A nivel relixioso, o 77% da poboación é musulmá, cunha influente minoría cristiá do 22%. O país está considerado neste aspecto como un dos máis tolerantes do mundo. Muslamáns e cristiáns colaboran e interactúan pacificamente entre si, sendo a violencia relixiosa moi rara.

A nivel económico, Serra Leoa depende da minería para a súa base económica, especialmente de diamantes. Está tamén entre os maiores produtores do mundo de titanio e bauxita, sendo ademais un dos principais produtores de ouro. Tamén posúe un dos depósitos de rútilo máis grandes do mundo. Serra Leoa tamén alberga o terceiro porto natural máis grande do mundo. A pesar desta riqueza natural, o 53 por cento da súa poboación vivía en 2011. Serra Leona é membro de moitas organizacións internacionais, incluídas as Nacións Unidas, a Unión Africana, a Comunidade Económica dos Estados da África Occidental (CEDEAO), a Commonwealth de Nacións, o Banco Africano de Desenvolvemento e a Organización para a Cooperación Islámica.

1 things to do in Serra Leoa

Where can you sleep near Serra Leoa ?

Booking.com
493.622 visits in total, 9.222 Points of interest, 405 Destinos, 135 visits today.