Context of Tirana

Tirana (en albanés Tiranë ou Tirana) é a capital e a maior cidade de Albania. Está situada no distrito e na prefectura ou condado do mesmo nome. A súa poboación está estimada oficialmente en 621 286 habitantes (2011), aínda que se temos en conta a provincia a cifra ronda o millón de habitantes.

Fundada en 1614, convértese en capital albanesa en 1920. Situada á beira do río Ishem, Tirana é o principal centro político, industrial e cultural de Albania. As industrias principais son as do sector da construción, alimentario, electromecánico, téxtil, farmacéutico e metalúrxico. Tirana experimentou un rápido crecemento co nacemento de numerosas industrias a partir dos anos 20.

Tirana está actualmente intentando desenvolver unha industria turística, aínda que este esforzo está obstaculizado pola inestabilidade da rexión, causada polos conflitos militares dos anos 90 en Albania e nos veciños Bosnia e Hercegovina, Kosovo e Macedonia do ...Ler máis

Tirana (en albanés Tiranë ou Tirana) é a capital e a maior cidade de Albania. Está situada no distrito e na prefectura ou condado do mesmo nome. A súa poboación está estimada oficialmente en 621 286 habitantes (2011), aínda que se temos en conta a provincia a cifra ronda o millón de habitantes.

Fundada en 1614, convértese en capital albanesa en 1920. Situada á beira do río Ishem, Tirana é o principal centro político, industrial e cultural de Albania. As industrias principais son as do sector da construción, alimentario, electromecánico, téxtil, farmacéutico e metalúrxico. Tirana experimentou un rápido crecemento co nacemento de numerosas industrias a partir dos anos 20.

Tirana está actualmente intentando desenvolver unha industria turística, aínda que este esforzo está obstaculizado pola inestabilidade da rexión, causada polos conflitos militares dos anos 90 en Albania e nos veciños Bosnia e Hercegovina, Kosovo e Macedonia do Norte.

Where can you sleep near Tirana ?

Booking.com
490.601 visits in total, 9.207 Points of interest, 405 Destinos, 73 visits today.