花見 ( Hanami )

Hanami (花見, lit. "ollar flores") é a tradición xaponesa de ollar a beleza das flores, mais polo xeral asóciase esta verba ao período no que floran as cerdeiras e na que os xaponeses asisten en masa a parques e xardíns a contemplar as súas flores (sakura). De finais de marzo a principios de abril, as cerdeiras rosean por todo Xapón, de sur a norte acorde aos distintos climas existentes nas diversas rexións. As primeiras cerdeiras do ano florean nas illas de Okinawa a principios de marzo (a rexión máis meridional) e os últimos na illa de Hokkaidō aproximadamente a última semana de abril (a rexión máis setentrional).

O prognóstico de florecemento (sakurazensen (桜前線)) é anunciado cada ano pola oficina de meteoroloxía. Nesta celebración, a xente diríxese aos parques a contemplar as cerdeiras en flor, e habitualmente realizando un xantar, coa familia ou coa empresa (é habitual ver a empregados de empresas gardando os mellores sitios so das cerdeiras con días de antelación). O hanami continua á noite e é chamado yozakura (夜桜, cerdeiras á noite).

Toyō Itō, famoso arquitecto xaponés, lembraba este feito da súa nenez catalogando como a forma máis fermosa e sinxela de facer arquitectura, a través dos grandes manteis á sombra das cerdeiras.

Destinos