平仮名 ( Hiragana )

O hiragana (ひらがな, 平仮名, literalmente "kana liso") é un silabario xaponés, un dos catro sistemas de escrita xaponesa (os outros son katakana, kanji e rōmaji).
Utilízase para:

  • Palabras xaponesas para as que non hai signos kanji, por exemplo partículas como kara から e sufixos como ~san さん.
  • Cando o que escribe non coñece o kanji dunha palabra, ou a maioría dos lectores non o coñece, ou a palabra en kanji queda moi formal.
  • Verbos e inflexións do adxectivo, por exemplo: tabemashita, 食べました (neste uso, o hiragana denomínase okurigana 送り仮名).
  • Dar a pronuncia do kanji para lectores que non a coñecen (neste uso, o hiragana denomínase furigana 振り仮名).

Cada hiragana representa unha sílaba (tecnicamente, unha mora). A presenza do hiragana entre caracteres chineses normalmente identifica un texto como xaponés.

Destinos