Santa María la Blanca (Toledo)

( Santa María la Blanca )

Santa María la Blanca está situada na cidade de Toledo. Construída no século XII como sinagoga, foi posteriormente transformada en igrexa. Na actualidade o edificio pertence á Igrexa Católica, pero non se realiza culto nel. Atópase aberto ao público e funciona como museo.

Historia
Santa Maria la Blanca.jpg 

En 1260, a comunidade xudía de Toledo obtivo un permiso extraordinario do rei Afonso X para reconstruír "a maior e máis fermosa sinagoga de España", sendo isto oposto a unha bula do Papa Inocencio IV. O edificio foi erixido en territorio cristián (Reino de Castela) por construtores árabes e tivo como comitente e financista á comunidade xudía de Toledo, representada por don Yosef ben Shoshan. Unha vez acabado, o edificio foi denominado "Sinagoga Maior" pois era o principal centro de culto hebreo na cidade. Xa desde os seus inicios, ese templo formaba parte das dez sinagogas toledanas tidas en conta por Yehuda ben Shlomo al-Jarizi nos seus escritos do século XII.

"Vin á extensa cidade de Toledo, capital do reino, que está revestida do encanto da dominación e ornada coas ciencias, mostrando aos pobos e príncipes a súa beleza. [...] Cantas sinagogas hai nela de beleza incomparable! Alí toda o alma loa ao Señor".[Cómpre referencia]

Durante anos os hebreos acudiron á Sinagoga Maior para orar e estudar a Torá, mais isto foi interrompido polo asalto á xudaría en 1355, así coma polas matanzas en 1391. O edificio foi convertido en igrexa da Orde de Calatrava baixo a advocación da Virxe en 1411 e, desde entón, se denominouno "Igrexa de Santa María a Branca". En 1550, o cardeal Siliceo transformouna nun beaterio para mulleres arrepentidas de ter unha conduta socialmente considerada coma indecorosa. De entón data o retablo da escola de Alonso Berruguete. As transformacións no encabezamento do edificio son desta época e estiveron a cargo do arquitecto Alonso de Covarrubias. Entre 1600 e 1701 o edificio permaneceu desocupado. Durante o século XVIII foi cuartel das tropas da gornición de Toledo. Coa invasión napoleónica de principios do século XIX converteuse en depósito. A mediados do mesmo século foi declarado Monumento Histórico Nacional e, trala Guerra Civil española, un Real Decreto do Goberno cedeuno á Igrexa Católica. Con todo, non é para nada infrecuente referirse a dito edificio como a "Sinagoga de Santa María a Branca".

Photographies by:
Statistics: Position
1417
Statistics: Rank
86785

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
698314257Click/tap this sequence: 4415
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Santa María la Blanca ?

Booking.com
492.888 visits in total, 9.215 Points of interest, 405 Destinos, 28 visits today.