Santuário do Bom Jesus do Monte

( Santuario do Bom Jesus do Monte )

O Santuario do Bom Jesus do Monte (ou Santuario do Bo Xesús de Braga) é un santuario construído a finais do século XVIII, que se localiza na freguesía de Tenões (dende 2013 fusionada na de Nogueiró), na cidade, concello e distrito de Braga, en Portugal. Trátase dun santuario católico dedicado ao Senhor Bom Jesus (advocación portuguesa de Xesús Cristo).

O santuario é un exemplo notábel de peregrinación. A súa característica máis prominente son as súas escaleiras monumentais barrocas, que salvan un desnivel de 116 metros e onde se desenvolve a Vía Sacra do Bom Jesus, unha área forestal (Parque do Bom Jesus), algúns hoteis e un funicular (Elevador do Bom Jesus). É unha importante atracción turística da cidade de Braga.

Foi elevado a basílica menor o 5 de xullo de 2015.

A súa peculiar disposición serviu de inspiración para outras construcións, como por exemplo o Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo en Baños de Molgas (Ourense), o Santuario de Nossa Se...Ler máis

O Santuario do Bom Jesus do Monte (ou Santuario do Bo Xesús de Braga) é un santuario construído a finais do século XVIII, que se localiza na freguesía de Tenões (dende 2013 fusionada na de Nogueiró), na cidade, concello e distrito de Braga, en Portugal. Trátase dun santuario católico dedicado ao Senhor Bom Jesus (advocación portuguesa de Xesús Cristo).

O santuario é un exemplo notábel de peregrinación. A súa característica máis prominente son as súas escaleiras monumentais barrocas, que salvan un desnivel de 116 metros e onde se desenvolve a Vía Sacra do Bom Jesus, unha área forestal (Parque do Bom Jesus), algúns hoteis e un funicular (Elevador do Bom Jesus). É unha importante atracción turística da cidade de Braga.

Foi elevado a basílica menor o 5 de xullo de 2015.

A súa peculiar disposición serviu de inspiración para outras construcións, como por exemplo o Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo en Baños de Molgas (Ourense), o Santuario de Nossa Senhora dos Remédios en Lamego, e o Santuario do Bom Jesus de Matosinhos na cidade de Congonhas, en Minas Gerais, no Brasil.

O 20 de xullo de 2015, foi presentada a candidatura do Bom Jesus a Patrimonio Mundial da Humanidade na Comisión Nacional da Unesco.

Photographies by:
Botafogo - Public domain
Statistics: Position
841
Statistics: Rank
127323

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
837294165Click/tap this sequence: 4947
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Santuario do Bom Jesus do Monte ?

Booking.com
493.634 visits in total, 9.222 Points of interest, 405 Destinos, 151 visits today.