Великий Новгород

( Velikii Novgorod )

Velikii Novgorod (en ruso: Великий Новгород), coñecida tamén simplemente como Novgorod é unha cidade da Federación Rusa situada a 190 km ao sueste de San Petersburgo, á beira do río Volkhov tras desaugar do lago Ilmen. É a capital do óblast homónimo, e ten unha poboación duns 232.200 habitantes (censo de 2004). Até o ano 1478 a cidade chamábase Gospodin Velikii Novgorod (en ruso: Господин Великий Новгород, "Señor Nóvgorod o Grande"). Logo, até 1999, o seu nome oficial pasou a ser Novgorod, e actualmente é Velikii Novgorod.

Aparece mencionada por primeira vez no ano 856, na Crónica de Néstor, e foi, xunto con Moscova e Kíiv, unha das cidades máis importantes da Europa Oriental durante a Idade Media, e o centro do único principado que escapou do dominio mongol tras a conquista de Rusia polos mongois.

Historia

A cidade emerxeu como o centro político de pobos eslavos e fino-ugrios na metade do século X. A historia de Novgorod está estreitamente relacionada con todos os acontecementos importantes da vida do estado ruso. Na época na que o estado ruso antigo se estaba fomando, foi unha federación de tribos eslavas orientais,[1] os habitantes de Novgorod invitaron ao príncipe Rúrik para impoñer nela a orde e a lei.

 
O Kremlin de Novgorod.
 
Monumento Milenario de Rusia, situado no interior do Kremlin de Novgorod (1862).

De Rúrik naceu a famosa dinastía Rúrika, á que pertencen os tsares rusos que gobernaron en Rusia máis de 750 anos. A principios do século X as campañas militares dos príncipes de Novgorod contra Constantinopla para protexer as relacións comerciais con Bizancio deron como resultado a integración das tribos eslavas orientais no antigo estado da Rus de Kíiv.

A adopción do cristianismo no século X trasformou Novgorod nun importante centro eclesiástico. Os esforzos do bispo de Novgorod de estender e desenvolver a relixión cristiá ortodoxa foron recompensados a mediados do século XII, cando o bispado foi elevado a arcebispado, sendo naquela época os prelados de Novgorod os máis importantes da Igrexa Ortodoxa na Rus de Kíiv.

Novgorod é o berce de tradicións republicanas e democráticas de Rusia. Durante 600 anos, até 1478, todas as decisións vitais na súa vida e na política exterior foron tomadas polo veche, antigo parlamento constituído polos representantes das familias aristocráticas de Nóvgorod. Finalmente, todo o pobo de Novgorod tomaba parte no veche.

Novgorod foi un dos maiores centros da literatura e da produción de libros rusos. Alí, nos anos 30 do século XI, por orde do príncipe Iaroslav I o Sabio, fundouse a primeira escola para trescentos nenos. O Novgorod medieval era un dos centros artísticos máis importantes de Europa. As súas tradicións arquitectónicas, escolas de pintura de iconas, xoiaría e arte decorativa aplicada eran famosas en todo o mundo.

Na cidade encóntranse a catedral de San Nicolao e a catedral de Santa Sofía. E conta cun Kremlin que foi construído durante o reinado de Iaroslav I o Sabio, e que se menciona por primeira vez na Crónica de Néstor de 1044.

Segundo unha lenda, durante a conquista da cidade por parte das tropas moscovitas de Iván o Terríbel, unha pomba posou no alto da cruz que coroa o domo dourado da Catedral de Santa Sofía. Ao ver os horrores cometidos polas tropas moscovitas, a pomba quedou petrificada sobre a cruz. Segundo esta lenda, cando a pomba caera, Novgorod sucumbiría.

A pomba caeu cando o exército nazi tomou Novgorod durante a segunda guerra mundial. Tras a conquista, a cruz foi levada a España por membros da División Azul, segundo dicían, para salvala dos bolxeviques. A cruz foi devolta a Santa Sofía de Novgorod por veteráns da mesma división en 2004, e situada de novo no domo dourado da catedral.[2]

A cidade é patrimonio da humanidade da UNESCO.

Channon, John; Hudson, Robert (1995). Penguin Historical Atlas of Russia. Penguin. p. 16.  "España devolverá a Rusia la cruz de la catedral más antigua del país". Consultado o 10 de marzo de 2014.  Diario El Mundo (España), 13/11/2004.
Photographies by:
Heidas - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
302
Statistics: Rank
242520

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
819542637Click/tap this sequence: 7144
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Velikii Novgorod ?

Booking.com
491.488 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 10 visits today.