San Petersburgo (en ruso: Санкт-Петербург, tr. "Sankt-Peterburg", [sankt pʲɪtʲɪrˈburk] (AFI)), coñecida noutras épocas como Leningrado e Petrogrado, é unha cidade rusa fundada o 27 de maio de 1703 por Pedro I o Grande na desembocadura do río Nevá no golfo de Finlandia.
Foi o tsar Pedro I en persoa quen, nun xesto simbólico, colocou a primeira pedra da fortaleza sobre o Neva. A súa intención era a de "europeizar" Rusia, e crear unha corte digna de tan grande imperio, emulando os pazos imperiais de Viena. Os cortesáns foron obrigados a trasladarse á nova cidade. Durante a súa construción morreron miles de servos, incluso os visitantes eran obrigados a colaborar dalgún xeito na construción.
Trala Revolución Bolxevique de 1917, a cidade pasou a denominarse Petrogrado. E trala morte de Lenin, adxudicaríaselle o nome de Leningrado. Tralo colapso da Unión Soviética, volvería ó seu nome orixinal.
A cidade acolleu os xogos do Mundial de Fútbol de 2018, e en 2020 a Eurocopa.
Engadir un novo comentario