भारत

India
Dey.sandip - CC BY-SA 3.0 Pk Pratham ( Pratik Patel ) - CC BY-SA 4.0 No machine-readable author provided. Deeptrivia assumed (based on copyright claims). - CC BY-SA 3.0 Arne Hückelheim 2010-09-21 12:41:53 This is a cropped in which the glare has been lessened - CC BY-SA 4.0 Arunachal2007 - CC BY-SA 4.0 Puja Rakshit - CC BY-SA 4.0 Ankur2436 - CC BY-SA 3.0 Dinesh Valke from Thane, India - CC BY-SA 2.0 Pranav perspective - CC BY-SA 4.0 Pk Pratham ( Pratik Patel ) - CC BY-SA 4.0 Adeelyousuf00 - CC BY-SA 3.0 Arne Hückelheim 2010-09-21 12:41:53 This is a cropped in which the glare has been lessened - CC BY-SA 4.0 Jigyasu - CC BY-SA 4.0 R Singh - CC BY 2.0 Harvinder Chandigarh - CC BY-SA 4.0 IM3847 - CC BY-SA 4.0 Hynek Moravec - CC BY 2.5 Arunachal2007 - CC BY-SA 4.0 Andrew Moore from Johannesburg, South Africa - CC BY-SA 2.0 Shivendujha - CC BY-SA 4.0 Udaykumar PR - CC BY 3.0 This Image was created by User:Archith. If you would like to use the image please mail me at archi - CC BY-SA 3.0 Govind Swamy - CC BY-SA 3.0 Knowledge Seeker - Public domain Kautuk1 - CC BY-SA 4.0 Sudiptorana - CC BY-SA 4.0 पूर्णिमा वर्मन at hi.wikipedia - Public domain Satyanadipally3541 - CC BY-SA 4.0 SUDEEP PRAMANIK - CC BY-SA 4.0 Ajay Kumar - CC BY-SA 4.0 Gktambe at English Wikipedia - Public domain Liz Highleyman from San Francisco, USA - CC BY 2.0 Jean-Pierre Dalbéra from Paris, France - CC BY 2.0 Varun Shiv Kapur from New Delhi, India - CC BY 2.0 Ajay Kumar - CC BY-SA 4.0 Bikashrd - CC BY-SA 4.0 Nagaraju raveender - CC BY-SA 3.0 Carlos Adampol Galindo from DF, México - CC BY-SA 2.0 Subhrajyoti07 - CC BY-SA 4.0 Akshat patni - CC BY-SA 4.0 Prof Ranga Sai - CC BY-SA 4.0 Vulpes-bengalensis - CC BY-SA 4.0 Arne Hückelheim 2010-09-21 12:41:53 This is a cropped in which the glare has been lessened - CC BY-SA 4.0 Dinesh Valke from Thane, India - CC BY-SA 2.0 Clt13 at English Wikipedia - CC BY-SA 3.0 Davidvraju - CC BY-SA 4.0 Sudiptorana - CC BY-SA 4.0 Snehrashmi - CC BY-SA 4.0 Vsundar at English Wikipedia - CC BY-SA 3.0 No images

Context of India

A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión. Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste; a China, o Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indones...Ler máis

A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión. Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste; a China, o Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indonesia. A súa capital é a cidade de Nova Deli.

Orixe da civilización do Val do Indo e rexión de históricas rutas comerciais e vastos imperios, o subcontinente indio foi sempre identificado pola súa riqueza comercial e cultural ó longo da súa extensa historia. Nos seguintes milenios, comezaron a compoñerse as escrituras máis antigas asociadas ó hinduísmo. A estratificación social, baseada en castas, naceu no primeiro mileino BCE, e desenvolvéronse o budismo e o xainismo. As primeiras consolidacións políticas producíronse baixo os imperios Maurya e Gupta, os posteriores Reinos medios da India influíron culturas tan afastadas como as do Sueste asiático. Catro relixións de carácter global naceron neste territorio: o hinduísmo, o budismo, o xainismo e o sikhismo, ademais no primeiro milenio (EC) chegaron o xudaísmo, o zoroastrismo, o cristianismo e o islam, o que contribuíu á formación da diversa cultura da rexión. Gran parte do norte do país caeu baixo o Sultanato de Deli, e o sur uniuse baixo o Imperio Vijayanagara. A economía expandiuse no século XVII no Imperio mogol. Na metade do século XVIII, o subcontinente caeu baixo o goberno da Compañía Británica das Indias Orientais, e logo, a mediados do século XIX, directamente administrada polo Reino Unido. A finais do século XIX naceu un movemento nacionalista, que posteriormente, con Mahatma Gandhi, fíxose famoso pola súa resistencia non violenta e levou á independencia da India en 1947.

En 2016, unha enquisa en World Tourism rankings realizada pola World Tourism Organization das Nacións Unidas indicou que a nación é visitada, aproximadamente, por 14.6 millóns de turistas cada ano (2016), facendo que sexa o 8º país máis visitado en Asia-Pacífico.

En 2017, a economía india foi a sexta maior do mundo por PIB nominal e a terceira maior por paridade de poder adquisitivo. A consecuencia das reformas económicas baseadas na economía de mercado en 1991, a India converteuse nunha das grandes economías de máis rápido crecemento, sendo considerado un país recentemente industrializado. Porén, segue a lidar cos desafíos da pobreza, a corrupción, a malnutrición, a desaxeitada sanidade pública e o terrorismo. A nivel militar, é un Estado posuidor de armas nucleares e está considerado unha potencia rexional, tendo ademais o segundo exercito con máis tropas do mundo e sendo o quinto en gasto militar. A nivel político é unha república constitucional federal gobernada baixo un sistema parlamentario que consiste de 28 estados e 7 territorios da unión. A India é amplamente recoñecida pola súa desenvolvida industria do cine, a súa rica cociña e a exuberante vida salvaxe e vexetación. É unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade de vida silvestre e espazos naturais protexidos.

Phrasebook

Dous
दो
Tres
तीन
Catro
चार
Cinco
पाँच
Seis
छह
Sete
सात
Oito
आठ
Nove
नौ
Dez
दस
Encantado de coñecerte
आप से मिलकर अच्छा लगा
Como te chamas?
आपका क्या नाम है?
Es Benvido
आपका स्वागत है

Where can you sleep near India ?

Booking.com
491.049 visits in total, 9.210 Points of interest, 405 Destinos, 55 visits today.