Context of Delhi

Delhi (en hindi: दिल्ली, Dilli, e oficialmente Territorio da Capital Nacional de Delhi) é unha cidade e un territorio da Unión da India. Está rodeado polo estado de Haryana por tres dos seus lados e por Uttar Pradesh polo leste. O territorio da capital abrangue unha área de 1 484 km2. Segundo o censo de 2011, a poboación da cidade de Delhi era de máis de 11 millóns de persoas, sendo a segunda cidade máis grande da India despois de Bombai, mentres que a poboación total de todo o territorio é de máis de 16,8 millóns. A área urbana de Delhi esténdese fóra dos límites do territorio e inclúe unha poboación estimada de 26 millóns de persoas nunha área coñecida como Rexión do Territorio da Capital Nacional, que inclúe as cidades de Faridabad, Gurgaon, Noida e Ghaziabad, sendo a segunda área urbana meirande do mundo segundo a Organización das Nacións Unidas. Estimacións de 2016, sitúan a economía metropolitana de Delhi como a segunda máis produtiv...Ler máis

Delhi (en hindi: दिल्ली, Dilli, e oficialmente Territorio da Capital Nacional de Delhi) é unha cidade e un territorio da Unión da India. Está rodeado polo estado de Haryana por tres dos seus lados e por Uttar Pradesh polo leste. O territorio da capital abrangue unha área de 1 484 km2. Segundo o censo de 2011, a poboación da cidade de Delhi era de máis de 11 millóns de persoas, sendo a segunda cidade máis grande da India despois de Bombai, mentres que a poboación total de todo o territorio é de máis de 16,8 millóns. A área urbana de Delhi esténdese fóra dos límites do territorio e inclúe unha poboación estimada de 26 millóns de persoas nunha área coñecida como Rexión do Territorio da Capital Nacional, que inclúe as cidades de Faridabad, Gurgaon, Noida e Ghaziabad, sendo a segunda área urbana meirande do mundo segundo a Organización das Nacións Unidas. Estimacións de 2016, sitúan a economía metropolitana de Delhi como a segunda máis produtiva da India. Delhi é a segunda cidade india máis rica despois de Bombai, cunha riqueza total de $450 billóns, sendo o fogar de 18 billionarios e 23 000 millonarios.

Delhi foi habitada ininterrompidamente dende o século -VI. Durante a maior parte da súa historia, Delhi serviu como capital de diferentes reinos e imperios. Foi capturada, saqueada e reconstruída varias veces, especialmente durante a Idade Media. No presente, Delhi é un conxunto de varias cidades espalladas pola rexión metropolitana. Un territorio da unión, a administración política do territorio de Delhi aseméllase máis a un estado da India, coa súa propia lexislatura, altos tribunais e un consello executivo de ministros liderados polo Xefe de Goberno. Nova Deli é administrada conxuntamente polo goberno federal da India e o goberno local de Delhi, e é á súa vez capital do territorio de Delhi. Delhi foi a sede dos primeiros e novenos Xogos Asiáticos en 1951 e 1982, respectivamente, así como sede da reunión Movemento de Países Non Aliñados de 1983, o Campionato Mundial de Hóckey herba masculino de 2010, os Xogos da Commonwealth de 2010, a cuarta reunión dos BRICS en 2012 e foi unha das principais cidades da Copa Mundial de Críquet de 2011.

Delhi é tamén o centro da Rexión da Capital Nacional (RCN), que é unha área 'rexional interestatal' creada en 1985.

Where can you sleep near Delhi ?

Booking.com
490.780 visits in total, 9.208 Points of interest, 405 Destinos, 67 visits today.