حضارة قرطاجية ( Civilización cartaxinesa )



A civilización cartaxinesa ou púnica é unha civilización púnica é unha civilización antiga apousentada na conca do Mediterráneo e á orixe dunha das máis grandes potencias comerciais, culturais e militares desta rexión na Idade Antiga.

A cidade de Cartago, que lle deu o nome, foi fundada polos fenicios na marxe da actual Tunisia, con máis precisión no golfo de Tunisia, no ano 814 a.C., segundo a tradición máis usual. Cartago foi pouco a pouco gañando influencia sobre as outras cidades fenicias do Mediterráneo occidental, acadando a súa independencia ao redor do 650 a.C., antes de desenvolver a súa propia civilización e perdurando até o final do século III a.C..

Pola meirande parte da súa historia, Cartago estivo en relacións hostís cos gregos en Sicilia e coa República Romana. Estas tensións provocaron os conflitos armados das Guerras Sicilianas e Guerras púnicas, que acabaron coa destrución de Cartago polo exército romano no final da Terceira guerra púnica en 146 a.C.. Case todas as cidades-Estado fenicias e antigos territorios cartaxineses terminaron en mans romanas.

A civilización cartaxinesa xurdiu da mestura da cultura indíxena dos bérberes do Norte de África coa dos colonos fenicios. Por iso non é fácil distinguir aquilo que se debe aos cartaxineses e aquilo que se debe aos fenicios nos achados arqueolóxicos descubertos nas escavacións, cuxo dinamismo desde os anos 1970 abriu vastos campos de estudo onde é evidenciada unha unidade na civilización malia as particularidades locais. Porén dos progresos, moitos aspectos da civilización non material permanecen descoñecidos, debido á natureza das fontes dispoñíbeis, sempre secundarias, pois toda a literatura púnica desapareceu, con lagoas e a miúdo subxectiva.

Destinos