Gazpacho

O gazpacho ou gaspacho é unha sopa fría elaborada con ingredientes en cru, tradicional do sur da Península Ibérica. Desde tempos moi antigos era unha versión fría das sopas de allo, é dicir que ten como ingredientes básicos pan, auga, aceite de oliva, allo, e sal, ás veces sos, coma no gazpacho estremeño, e outras veces engadindo outros materiais para darlle sabor, por exemplo ovo cocido (así é no gazpacho cordobés).

Entre os ingredientes máis primitivos encontrábanse as améndoas na variante chamada ajoblanco de Andalucía oriental (Granada e Málaga); noutros casos, laranxas amargas coma en Sevilla ou a fariña de fabas secas. Á hora de servir poden poñerse por enriba uns anacos pequenos de alimento, tropezones, que no caso do ajoblanco tradicionalmente son uvas.

Destinos