Nyhavn (literalmente, “Porto Novo”, pronunciado en dinamarqués ˈnyhɑʊ̯ˀn) é unha canle e peirao convertido en paseo marítimo e zona de lecer do século XVII situado en Copenhague, Dinamarca. Esténdese dende Kongens Nytorv até o porto, xusto ao sur do Teatro Real. Caracterízase polas fachadas de vivas cores dos seus edificios e hostais, contruídos entre os séculos XVII e comezos do XVIII. Noutrora zona de feira de peixe, tabernas e prostitución, hoxe está ateigado de bares, cafetarías e restaurantes, sendo o lugar turístico máis visitado de toda Dinamarca. Serve como un "porto patrimonial", e ten moitos barcos históricos de madeira.

Historia

Nyhavn foi construído polo rei Cristián V entre 1670 e 1673, escavado por prisioneiros de guerra suecos da Guerra sueco-dinamarquesa de 1658–1660. É unha porta de entrada ao centro da cidade dende o mar, por Kongens Nytorv (Praza do Rei), onde os barcos levaban a mercaduría e as capturas dos pescadores. Salientou noutrora pola cervexa, mariñeiros e a prostitución. O escritor dinamarqués Hans Christian Andersen morou en Nyhavn durante 18 anos.

A primeira ponte sobre Nyhavn abriu o 6 de febreiro de 1875. Era unha pasarela temporal de madeira.[1] Foi substituída pola ponte actual en 1912.[2]

 
A canle.

Mentres os barcos transoceánicos facíanse máis grandes, Nyhavn pasou a ser dominado por pequenos barcos de carga dinamaqueses. Tras a Segunda Guerra Mundial o transporte por terra asumiu este papel e desapareceu o tráfico de pequenos barcos do Porto de Copenhague, deixando a Nyhavn practicamente sen buques.

A mediados da década de 1960, creouse a Sociedade Nyhavn (en dinamarqueés, Nyhavnsforeningen) con elobjetivo de revitalizar Nyhavn. En 1977, o Alcalde de Copenhague Egon Weidekamp inaugurou Nyhavn como un porto museo.

"Nyhavns Bro under nedbrydning". Københavns Museum. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2012.  "Nyhavns historie" (en dinamarqués=). Nyhavns Skipperlaug. Consultado o 2 de xaneiro de 2011. 
Photographies by:
Eric Imhauser - Public domain
Statistics: Position
3258
Statistics: Rank
36756

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
785419623Click/tap this sequence: 9921

Google street view

Where can you sleep near Nyhavn ?

Booking.com
490.944 visits in total, 9.210 Points of interest, 405 Destinos, 26 visits today.