Context of Toquio

Toquio, Tokio ou Tokyo (en xaponés 東京, とうきょう (Tōkyō) pronunciación (lit. capital do leste), oficialmente 東京都, とうきょうと (Tōkyō-to) (Metrópole de Toquio), é a capital e unha das 47 prefecturas do Xapón. Situase en Honshu, a maior illa do arquipélago. A prefectura ten 12.064.101 habitantes, preto do 10% da poboación do país, e a súa área metropolitana 31.2 millóns. Toquio é famosa pola Torre de Toquio. Foi fundada en 1457, co nome de Edo ou Yedo. Tornouse a capital do imperio no 1868 coa actual designación. Sufriu grande destrución dúas veces; unha no 1923, cando foi atinxida por un terremoto; e outra no 1944 e 1945, cando bombardeos americanos destruíron grande parte da cidade e mataron máis de 150 mil persoas.

Aínda que Toquio sexa considerada unha das cidades máis importantes, movimentadas e densamente habitadas do mundo, ela non é, tecnicamente, un...Ler máis

Toquio, Tokio ou Tokyo (en xaponés 東京, とうきょう (Tōkyō) pronunciación (lit. capital do leste), oficialmente 東京都, とうきょうと (Tōkyō-to) (Metrópole de Toquio), é a capital e unha das 47 prefecturas do Xapón. Situase en Honshu, a maior illa do arquipélago. A prefectura ten 12.064.101 habitantes, preto do 10% da poboación do país, e a súa área metropolitana 31.2 millóns. Toquio é famosa pola Torre de Toquio. Foi fundada en 1457, co nome de Edo ou Yedo. Tornouse a capital do imperio no 1868 coa actual designación. Sufriu grande destrución dúas veces; unha no 1923, cando foi atinxida por un terremoto; e outra no 1944 e 1945, cando bombardeos americanos destruíron grande parte da cidade e mataron máis de 150 mil persoas.

Aínda que Toquio sexa considerada unha das cidades máis importantes, movimentadas e densamente habitadas do mundo, ela non é, tecnicamente, unha cidade. Non hai no Xapón unha cidade chamada "Toquio". Na verdade, Toquio é designada como unha metrópole (都 - to), similar a unha prefectura do Xapón (県 - ken), e é constituída de 23 barrios (区 - ku), 26 cidades primarias (市 - shi), 5 cidades secundarias (町 - cho ou machi) e oito vilas diferentes (村 - son ou mura). Cada unha delas posúe un goberno que opera a nivel rexional. É parte de Toquio tamén pequenas illas no Océano Pacífico, localizadas a máis de mil km sur, nos subtrópicos.

Máis de 8 millóns de persoas viven nos 23 distritos autónomos que constitúen a parte central de Toquio. Estes 23 distritos definen a "Cidade de Toquio", na opinión da maioría dos especialistas e outras persoas. Estes 23 distritos posúen 8.340.000 habitantes. A poboación de Toquio aumenta en 2,5 millóns ao longo do día, debido aos estudantes e traballadores de prefecturas veciñas, que van á Toquio para estudar e traballar. A poboación total dos barrios de Chiyoda, Chūō e Minato, que compón a rexión central de Toquio, e onde está localizado o principal centro financeiro do país, é de menos de 300 mil habitantes; porén, máis de 2 millóns de persoas traballan na rexión.

Toquio é o principal centro político, financeiro, comercial, educativo e cultural do Xapón. Así sendo, Toquio posúe a maior concentración de sedes de empresas comerciais, institucións de ensino superior, teatros e outros establecementos comerciais e culturais do país. Toquio tamén posúe un sistema de transporte público altamente desenvolvido, con numerosas liñas de trens, metro e de autobuses, así como o Aeroporto Internacional de Toquio.

Phrasebook

Ola
こんにちは
mundo
世界
Ola mundo
こんにちは世界
Grazas
ありがとうございました
Adeus
さようなら
Si
はい
Non
いいえ
Como estás?
元気ですか?
Ben, grazas
よし、ありがとう
Canto custa?
いくらですか?
Cero
ゼロ
Un
1

Where can you sleep near Toquio ?

Booking.com
490.719 visits in total, 9.208 Points of interest, 405 Destinos, 6 visits today.