Scavi archeologici di Ercolano

( Herculano )

Herculano (Herculaneum en latín; Ercolano en italiano) era unha antiga cidade romana, situada na actual comuna de Ercolano, Campania, Italia. Con arredor de 4.000 habitantes en 12 ha de extensión. Hoxe é coñecida porque se conservou, xunto con Pompeia, tras seren enterradas nas cinzas da erupción do Vesuvio o 24 de agosto do ano 79. Moitos dos seus habitantes pereceron debido ao fluxo pirocástico da erupción e a cinza modelou os seus corpos coa postura que estes tiñan no momento de morrer.

Herculano era unha poboación máis pequena e máis rica que Pompeia.

As escavacións comezaron na actual Ercolano, un suburbio de Nápoles, en 1738. A elaborada publicación de Le Antichitá di Ercolano ("A antigüidade de Herculano") baixo o patrocinio do rei das Dúas Sicilias tivo un efecto descomedido no incipiente neoclasicismo europeo tendo en conta o limitado da circulación desta obra. A finais do século XVIII comezaron a aparecer motivos de Herculano nunha gran d...Ler máis

Herculano (Herculaneum en latín; Ercolano en italiano) era unha antiga cidade romana, situada na actual comuna de Ercolano, Campania, Italia. Con arredor de 4.000 habitantes en 12 ha de extensión. Hoxe é coñecida porque se conservou, xunto con Pompeia, tras seren enterradas nas cinzas da erupción do Vesuvio o 24 de agosto do ano 79. Moitos dos seus habitantes pereceron debido ao fluxo pirocástico da erupción e a cinza modelou os seus corpos coa postura que estes tiñan no momento de morrer.

Herculano era unha poboación máis pequena e máis rica que Pompeia.

As escavacións comezaron na actual Ercolano, un suburbio de Nápoles, en 1738. A elaborada publicación de Le Antichitá di Ercolano ("A antigüidade de Herculano") baixo o patrocinio do rei das Dúas Sicilias tivo un efecto descomedido no incipiente neoclasicismo europeo tendo en conta o limitado da circulación desta obra. A finais do século XVIII comezaron a aparecer motivos de Herculano nunha gran diversidade de obxectos, desde pinturas murais e mesas de tres patas até queimadores de perfume e cuncas de té.

Como a veciña cidade de Pompeia, Herculano é famosa por ser unha das poucas cidades antigas que se conserva máis ou menos intacta xa que as cinzas que cubrían a cidade tamén a protexeron contra o saqueo e os elementos. Aínda que hoxe en día é menos coñecida que Pompeia, foi a primeira, e durante moito tempo a única, cidade vesubviana soterrada que se atopou (en 1709), mentres que Pompeia só revelouse a partir de 1748 e identificada en 1763. A diferenza de Pompeia, o material piroclástico que cubriu Herculano carbonizou e conservou máis madeira en obxectos como tellados, camas e portas, así como outros materiais de base orgánica como alimentos e papiros.

A historia tradicional é que a cidade foi redescuberta por casualidade en 1709, durante a escavación dun pozo. Non obstante, xa se atoparon restos da cidade durante os primeiros movementos de terras. Nos primeiros anos despois do seu redescubrimento, no lugar os cazadores de tesouros escavaron tuneles, e moitos artefactos foron roubados ou esnaquizados. As escavacións regulares comezaron en 1738, e continuaron desde entón, aínda que de forma intermitente. Hoxe só se escavou unha parte do antigo xacemento, e a atención e os fondos dirixíronse á preservación das partes xa escavadas da cidade, en lugar de centrarse en descubrir máis áreas.

Foi un retiro popular á beira do mar para a elite romana, o que se reflicte na extraordinaria densidade de grandiosas e luxosas casas con, por exemplo, un uso moito máis pródigo de revestimentos de mármore de cores. Os edificios famosos da cidade antiga inclúen a Vila dos Papiros a vila de Papyri, identificada como o fastuoso retiro con vistas ao mar de Lucio Calpurnio Piso Caesomnio, sogro de Xulio César e as chamadas "casas dos barcos", nas que se atoparon os restos de esqueletos de polo menos 300 persoas.

O primeiro descubrimento importante de esqueletos romanos do século I tivo lugar en Herculano. Dado que os romanos xeralmente practicaban a cremación até o século III, resulta difícil atopar ósos anteriores a esa data. As escavacións realizadas na década de 1990 na área do porto de Herculano sacaron á luz máis de 200 esqueletos de diversas idades, sexos e condición social, a as súas condicións de conservación permitiron analizar o modo de vida daquela época.

Photographies by:
ho visto nina volare from Italy - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
1035
Statistics: Rank
108576

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
523468917Click/tap this sequence: 6318

Google street view

Where can you sleep near Herculano ?

Booking.com
490.918 visits in total, 9.210 Points of interest, 405 Destinos, 103 visits today.