A Mina de sal de Bochnia (polaco: Kopalnia soli Bochnia) en Bochnia, Polonia é unha das minas de sal máis antigas do mundo e a máis antiga de Polonia. A mina abríuse entre os séculos XII e XIII despois de que se descubrise o sal en Bochnia e pasou a formar parte da Compañía mineira real żupy krakowskie (salinas de Cracovia). Desde o ano 2005 a mina deixou de explotarse para buscar sal.

A mina foi pechada en 1990. En 1981 declarouse monumento patrimonio. O sitio é un dos monumentos históricos de Polonia (Pomnik historii), segundo designouse o 6 de outubro de 2000 e seguido pola Xunta do Patrimonio Nacional de Polonia. A mina ten unha capela que é atravesa polas vías do tren, é a primeira mina que ten vías de tren no medio dunha capela.

Historia
 
Entrada do pozo Sutoris

As galerías da mina miden 4´5 km de lonxitude por uns 330-468 metros de profundidade por baixo da superficie, en 16 niveis.

En 2013 a mina engadiuse ao Património Mundial da UNESCO como unha extensión da inscrición da mina de sal de Wieliczka de 1978.[1]

Galería August

A galería August é a principal ruta de comunicación e transporte da mina. Esténdese de leste a oeste da mina, conectando en liña recta os extremos inferiores dos pozos Campi e Sutoris. Atópase a unha profundidade de 176 metros desde a parte superior do pozo Sutoris e 212 metros desde a parte superior do pozo Campi. A galería August inicialmente chamouse forno longo (Piec Długi). O primeiro tramo, que se estendía entre o pozo Rabsztyn e o pozo Campi, construíuse nos anos 1723-1743, segundo un deseño de Jan Gottfried Borlach. O seu gran logro foi regular as rutas na mina asegurando a súa rectitude e nivelación. Como resultado disto, durante as seguintesdécadas, a galería August púido alcanzar unha extensión de case 3 km.

As cámaras, pozos e galerías escavados forman unha vila subterránea, aberta aos turistas. A maior das cámaras preservadas converteuse nun sanatorio.

A Cámara Ważyn

A cámara Ważyn foi nomeada co nome do administrador (podżupek) Andrzej Ważyński. A profundidade desta cámara, a maior da mina de sal de Bochnia, é de 248 m; a súa lonxitude é 255m; o seu ancho máximo é de 14´4 m; e a altura máxima é de 7´2 m. A cámara non usa ningún piar. Extraíuse sal da cámara Ważyn desde 1697 ata a década de 1950. Co fin de crear un sanatorio estes pozos antigos foron expandidos cunha máquina unitaria de carga e descarga (LHD). Estas obras tiveron lugar ata 1984. Grazas a elas o pozo Ernest do século XVII preséntase de forma impresionante no tellado da cámara desmontada.

A cámara Ważyn ten un microclima específico, cunha temperatura constante entre 14º e 16 °C, alta humidade (cerca do 70%) e ionización favorable do aire saturado por cloruro de sodio e microelementos valiosos, como magnesio, manganeso e calcio. O aire na cámara distínguese pola súa pureza. A cámara está equipada con camas: ata 300 persoas poden durmir aquí. As outras partes da Cámara Ważyn son pistas para xogar voleibol, baloncesto e balonmán, restaurante e instalacións para conferencias.

Wieliczka and Bochnia Royal Salt Mines (extension to the Wieliczka Salt Mine). UNESCO World Heritage Centre, 03/07/2013.
Photographies by:
Kj - CC BY 3.0
Kj - CC BY-SA 4.0
Kj - CC BY 3.0
Geniu at Czech Wikipedia - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
625
Statistics: Rank
161680

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
234861975Click/tap this sequence: 1531

Google street view

Where can you sleep near Minas de sal de Bochnia ?

Booking.com
491.090 visits in total, 9.210 Points of interest, 405 Destinos, 13 visits today.