端島 (長崎県)

( Illa Hashima )

Illa Hashima (端島, ou simplemente Hashima-shima é un sufixo xaponés para illa), communmente chamada Gunkanjima (軍艦島; significa Illa acoirazado), é unha illa abandonada situada a uns 15 quilómetros da cidade de Nagasaki, no sur do Xapón. É unha das 505 illas deshabitadas da prefectura de Nagasaki. As características máis notables da illa son os seus edificios abandonados de formigón, sen perturbacións nin ruídos, salvo os da natureza e o ruído do mar. Mentres a illa é un símbolo da rápida industrialización do Xapón, tamén é un recordatorio da súa historia como un lugar de traballos forzados antes e durante a Segunda Guerra Mundial.

A illa de 6,3 hectáreas era coñecida polas súas minas de carbón submarinas, descubertas en 1887, operaron durante a industrialización do Xapón. A illa alcanzou unha poboación máxima de 5 259 habitantes en 1959. En 1974, coas reservas de carbón a...Ler máis

Illa Hashima (端島, ou simplemente Hashima-shima é un sufixo xaponés para illa), communmente chamada Gunkanjima (軍艦島; significa Illa acoirazado), é unha illa abandonada situada a uns 15 quilómetros da cidade de Nagasaki, no sur do Xapón. É unha das 505 illas deshabitadas da prefectura de Nagasaki. As características máis notables da illa son os seus edificios abandonados de formigón, sen perturbacións nin ruídos, salvo os da natureza e o ruído do mar. Mentres a illa é un símbolo da rápida industrialización do Xapón, tamén é un recordatorio da súa historia como un lugar de traballos forzados antes e durante a Segunda Guerra Mundial.

A illa de 6,3 hectáreas era coñecida polas súas minas de carbón submarinas, descubertas en 1887, operaron durante a industrialización do Xapón. A illa alcanzou unha poboación máxima de 5 259 habitantes en 1959. En 1974, coas reservas de carbón achegándose ao esgotamento, a mina foi pechada e todos os residentes partiron pouco despois, deixando a illa efectivamente abandonada durante as seguintes tres décadas. O interese por ela volveu a aparecer nos anos 2000 debido ás súas ruínas históricas e converteuse gradualmente nunha atracción turística. Algúns muros exteriores colapsados ​​foron restaurados e abriron Hashima para os turistas o 22 de abril de 2009. O aumento do interese pola illa provocou unha iniciativa de protección como lugar de patrimonio industrial.

A illa foi aprobada formalmente como un Patrimonio da Humanidade da UNESCO en xullo de 2015, como parte dos Sitios da Revolución Industrial Meiji do Xapón: Ferro e Aceiro, Construción naval e minería de carbón do Xapón.

Historia
 
Un bloque de apartamentos na illa, circa 1930
 
Hashima Meiji-era, postal antiga de Nagasaki feita a man.
 
Hashima circa 1930
 
Vista da illa en 2009

O carbón descubriuse por primeira vez na illa ao redor de 1810, e a illa habitouse continuamente desde 1887 ata 1974 como unha mina submarina. Mitsubishi Goshi Kaisha comprou a illa en 1890 e comezou a extraer o carbón das minas submarinas, mentres foron construídos diques e recheos de terra (que triplicaron o tamaño da illa[Cómpre referencia]). Á súa vez construíronse catro pozos mineiros principais (ata chegar a 1 km de profundidade), un dos cales se conectaba a unha illa veciña. Entre 1891 e 1974, ao redor de 15,7 millóns de toneladas de carbón foron extraidas das minas con temperaturas de 30 °C e un 95% de humidade.

En 1916, a empresa construíu o primeiro gran edificio de concreto reforzado do Xapón (un bloque de apartamentos de 7 pisos),[1] para dar cabida á súa crecente cantidade de traballadores. O formigón foi usado especificamente para protexerse contra a destrución dos tifóns. Durante os seguintes 55 anos construíronse máis edificios, incluíndo bloques de apartamentos, escola, xardín de infancia, hospital, concello e centro comunitario. Construíronse un club, cine, baño común, piscina, xardíns no tellado, tendas e un salón pachinko para o entretemento dos mineiros e as súas familias.

A partir da década de 1930 e ata o final da Segunda Guerra Mundial, os cidadáns reciclados coreanos e prisioneiros de guerra chineses foron obrigados a traballar baixo condicións moi duras e tratamentos brutais nas instalacións de Mitsubishi como traballadores forzados baixo as políticas xaponesas de mobilización durante a guerra.[2][3][4][5] Durante este período, estímase que preto de 1 300 deses traballadores recrutados forzosamente morreron na illa debido a diferentes perigos, incluíndo accidentes subterráneos, esgotamento e desnutrición.[6][7]

En 1959, a poboación da illa de 6´3 hectáreas alcanzou o seu pico de 5 259 habitantes, cunha densidade de poboación de 835 persoas por hectárea (83 500 hab./km²) na illa, ou 1 391 por hectárea (139 100 hab./km²) no barrio residencial.[8]

Como o petróleo substituíu ao carbón no Xapón nos anos 60, as minas de carbón comezaron a cerrarse en todo o país e as de Hashima non foron unha excepción. Mitsubishi pechou oficialmente a mina en xaneiro de 1974, e a illa foi despexada de habitantes en abril. Hoxe en día as súas características máis notables son os edificios de vivendas de concreto abandonados e case aínda intactos, o dique e a súa distintiva forma de perfil. A illa foi administrada como parte da cidade de Nagasaki desde a fusión coa antiga cidade de Takashima en 2005. As visitas a Hashima foron autorizadas o 22 de abril de 2009, logo de 35 anos de peche.

"Der Spiegel" (Article) (en German). DE.  Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Guardian July 15 "1999 report of the Committee of Experts on the Application of Conventions and Recommendations" (PDF). the International Labour Organization. 1999. Consultado o 2015-09-16.  "Japan's 007 island still carries scars of wartime past, Compulsory Mobilization". Edition.cnn.com. 2013-06-13. Consultado o 2013-08-22.  "Hashima ― forgotten island of tragedy". The Korea times. 2012-10-04. Consultado o 2015-09-11.  Burke-Gaffney, Brian (1996). "Hashima: The Ghost Island". Crossroads: a Journal of Nagasaki History and Culture 4: 33–52. Consultado o 2016-11-21.  Gunkel, Christoph (2009-11-27). "Vergessene Orte - Geisterstadt im Ozean". Der Spiegel. Consultado o 2017-07-29.  "Japan's 007 island still carries scars of wartime past". Edition.cnn.com. 2013-06-13. Consultado o 2013-08-22. 
Photographies by:
Jordy Meow - CC BY-SA 3.0
Jordy Meow - CC BY 3.0
Zones
Statistics: Position
618
Statistics: Rank
158255

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
314589627Click/tap this sequence: 2281

Google street view

Where can you sleep near Illa Hashima ?

Booking.com
490.918 visits in total, 9.210 Points of interest, 405 Destinos, 103 visits today.