نوروز ( Nawrūz )

O Nawrūz (en persa: نوروز, pero tamén, debido ás diferenzas de pronuncia entre as variedades lingüísticas, Novruz, Nowruz ou Norouz), é unha festa tradicional persa que celebra o Aninovo. É seguida en Irán, Kurdistán, Acerbaixán, Afganistán, Albania, Bosnia, países de Asia Central como Turkmenistán, Taxiquistán, Uzbekistán, Kirguizistán e Casaquistán, así como nas comunidades iranianas en Iraq, Paquistán, Turquía e noutros moitos países. Ocorre o 21 de marzo, aínda que nalgúns lugares celébrase o 20 ou 22, coincidindo co equinoccio de primavera.

Nada no ámbito persa preislámico, e inicialmente unha festa sagrada zoroastriana, o Nowruz é celebrado por moitas outras relixións, incluída a relixión bahá'í. Nos países iranianos que calculan o tempo baseado nun calendario lunar-solar (chamada Hijrī-Shamsī, isto é "calendario Héxira") considérase unha festa ('Īd) popular mais non relixiosa, similar ao Aninovo nos países cristiáns occidentais. Nowrūz, ademais de representar a data de inicio do calendario persa, tamén se celebra como a data de inicio da primavera. Tamén os sufís celebran esta festa, que chaman "Sultán Nevruz", xa que cren que nesta data o profeta Mahoma recibiu a orde de Alá de difundir a súa mensaxe a todos, ademais para os sufís é o día no que o mundo comezou a xirar por vontade divina.

O 21 de marzo foi proclamado Día Internacional do Nawrūz pola Asemblea Xeral das Nacións Unidos en 2010 e foi incluída como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO en 2009 ao recoñecer que era unha tradición cultural compartida por moitos pobos que promove valores de paz, achegamento, reconciliación e amizade.

Destinos